lunes, abril 28, 2008

Ousmane Sembène

Moolaadé, significa protección. Ven ser algo así como o deber de asilo ou asistencia nas nosas sociedades. Neste relato, o mooladé é recurso de Colle Ardo, unha muller do poboado para evitar que corten ás nenas. Malia ter lido moito sobre esta cruel práctica de tallar o clítoris das mulleres en determinadas "culturas" (o termo "ablación" non semella moi acaído, non estamos a falar de prácticas cirúrxicas mais sí de procedementos cutres e rudimentarios de tortura que rematan milleiros de veces coa morte das nenas) non acabamos de comprender. Para moitos, este fenómeno é una proba máis do atraso e subdesenvolvemento dos pobos e unha excusa magnífica para consolidar outra vez máis o mito da necesidade de impoñer o noso sistema. Ao mellor é que temos esquecido de máis e non queremos lembrar esoutras prácticas tan curiosas que aínda poden contar moitas nais, como a de furar o camisón para facilitar unha penetración que non era en ningún caso un acto de amor, senón de posesión e absoluto dominio do home, da tradición, das falsas crenzas, dos escapularios, das cruces e en resumen, de tódalas institucións ao servizo do poder, sempre do seu xénero e sempre violento. A película de Sembène non ten que recurrir a ningún tipo de efectismo, a súa cámara pasea sen facer ruido por un poboado no que hai unha muller disposta a mudar o mundo. Colle Ardo decide protexer ás nenas contra o sinistro exército de "purificadoras" que veñen buscarlas para cortalas. A rebeldía desta muller desencadena unha revolución no poboado na que aparecen tamen esoutras prohibicións que sempre van parellas ao asoballamento. Esa pila de radios que os homes mandan queimar na praza é o simbolo desoutar extirpación tan efectiva, a do coñecemento. Magnífica película.

Do mesmo Sembène, a nosa editorial preferida ven de publicar a súa obra O xiro postal.



VERSIÓN EN CASTELÁN: Moolaadé, significa protección. Algo así como el deber de asilo o asistencia en nuestras sociedades. En este relato, el mooladé es el recurso de Colle Ardo, una mujer del poblado, para evitar que corten a las niñas. A pesar de haber leído mucho sobre esta cruel práctica de cortar el clítoris de las mujeres en determinadas "culturas" (el término "ablación" no parece muy acertado pues no estamos hablando de prácticas quirúrgicas sino de procedimentos cutres y rudimentarios de tortura que acaban miles de veces con la muerte de las niñas) no acabamos de comprender. Para muchos, este fenómeno es una prueba más del atraso y subdesarrollo de los pueblos que lo practicas y una excusa magnífica para consolidar otra vez más el mito de la necesidad de imponer nuestro sistema. Quizás hemos olvidado esas prácticas tan curiosas que aún pueden contar muchas madres, como la de agujerear el camisón para facilitar una penetración que no era en ningún caso un acto de amor, sinó de posesión y absoluto dominio del hombre, de la tradición, de las falsas creencias, de los escapularios, cruces y en resumen de todas las instituciones al servicio del poder, siempre de su género y siempre violento. La película de Sembène no tiene que recurrir a ningún tipo de efectismo, su cámara pasea sin hacer ruido por un poblado en el que hay una mujer dispuesta a cambiar el mundo. Colle Ardo decide proteger a las niñas contra el siniestro ejército de las "purificadoras" que vienen a buscarlas para cortalas. La rebeldía de esta mujer desencadena una revolución en el poblado en la que aparecen también otras prohibiciones que siempre van unidas a la opresión. Esa pila de radios que los hombres mandan quemar en la plaza es todo un simbolo de otra extirpación, la del conocimiento, tan efectiva.

1 comentario:

eusonodemo dijo...

Si, magnífica película e tamén o comentario. Anoto o libro que descoñecía.