martes, mayo 13, 2008

Galeano en Santiago.

Un erro nun xornal dixital fixo que estiveramos alí con unha hora de antelación. De ter chegado con puntualidade estaríamos no poleiro ou nos ateigados pasillos do Auditorio. Dende agora acreditarei máis na prensa, xúroo. De Galeano xa coñecía casi todo porque levo tempo literalmente abducida por este home que albisca moito máis que dous océanos a un tempo e escoita aos milleiros de mortos que xa van cansos de morrer. A voz de E.G. desfai o nudo que fomos pouquiño a pouco complicando co tempo para amosarnos non a verdade, esa que, como di D.M. remata por entolecer aos que matan no seu nome, senón a palabra espida ou a alma, que en guaraní é a mesma cousa. Emocionaba a emoción das tercas bágoas de Manuel Rivas que non eran quen de respetar o protocolo celosamente vixiado pola responsable "ad hoc", e emocionaba tamén a fermosa ollada deses inmensamente pequenos ollos azuis de Eduardo que convidan a achegarse á fechadura pola que se lle aparecen os espellos.
Afortunadamente Manolo Gago andaba por alí e fixo unha boa reportaxe e Sole, unhas fotos de luxo....non coma outras. Grazas Sonia, fixeches máis do que eu pensaba cunha cámara case sen batería e sen memoria.
To be continue....
VERSIÓN EN CASTELÁN: Un error en un periódico digital hizo que estuviéramos allí con una hora de antelación. De haber llegado con puntualidad estaríamos en el "gallinero" o en los congestionados pasillos del Auditorio. Desde ahora me fiaré mucho más de la prensa, lo juro. De Galeano ya coñecía casi todo porque llevo tiempo literalmente abducida por este hombr que ve mucho máis que dos océanos a un tiempo y escucha a los miles de muertos tan cansados de morir. La voz de E.G. deshace el nudo que poco a poco vamos complicando con el tiempo, para mostrarnos no la verdad, esa que, como dice D.M. acaba por enloquecer a los que matan en su nombre, sino la palabra desnuda o el alma, que en guaraní es la misma cosa. Emocionaba la emoción de las pertinaces lágrimas de Manuel Rivas que no eran capaces de respetar el protocolo celosamente vigilado por el responsable "ad hoc", y emocionaba también la hermosísima mirada de esos inmensamente pequeños ojos azules de Eduardo que invitan a acercarse al ojo de la cerradura por la que se le aparecen los espejos.
Afortunadamente
Manolo Gago andaba por alí e fixo unha boa reportaxe e Sole, unhas fotos de luxo....non coma outras. Grazas Sonia, fixeches máis do que eu pensaba cunha cámara case sen batería e sen memoria.
To be continue....
Blogs: Capítulo 0,

7 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Gracias por achegarnos eses eventos, non me chegas as horas do día para desliañar todos os cursos, estudos, traballos, etc que teño.
Non todo o dixital ten que ser malo. Se non fora por este blog, non tería disfrutado das túas (súas) verbas.
Un biquiño.

Sonia dijo...

Os nervos do directo...de tódolos xeitos escoitei unha vez que as fotos rouban a alma...tamén pode ser que a alma das tres persoas a quen lle quitei a foto sexa tan inabarcable que o pulso remata por tremer sen remedio...Unha aperta cariñosa Ana, e grazas polas risas compartidas

sonia dijo...

que emoción! hoxe foi á primeira! libreime da "brecha" dixital a tempo...jajaja

Ana Bande dijo...

Lula,
Gracias a vostede por alimentar cada pouco este aparcadoiro de pensamentos que lanzamos ao desoñecido para ter a enorme satisfacción de velos agromar tan lonxe e tan preto como queren estas extrañas autoestradas virtuais. Non, o dixital non pode ser malo se nos permite compartir experiencias, agora mesmo marcho para Cordoba da súa man a sentar o corpo nun deses patios que veño de visitar na súa illa.

Sonia,
Uf, Galeano deixou pegada en vostede, xa fala coma él. Deliciosa foto a que fixeches ¿quen quere liñas precisas e resolución de imaxe cando se intúen tres sorrisos tan acougantes? Fágame chegar o seu correo-e para mandarlle as fotos do día.
E de brecha nada, espero que de aquí a pouco o seu nome xa apareza en azul para que poida premer e entrar á súa "habitación propia".
Como diría o fenomenal Auserón "yo lo toco tumbao", só tes que abrir a páxina de blogger (creo que é o máis doado) e seguir tres pasiños e ...¡listo! xa tes feita a túa casa. E aínda mellor, vés un día de excursión por aquí e o facemos xuntas que xa teño programada unha media xuntanza para facer uns cantos "adosados".
Bicazo.

torredebabel dijo...

que ledicia, mesmo asi, ao lonxe e grazas á túa crónica. Galeano é a voz da humanidade que fumos esquecendo. É a memoria que nos amputan. É o sentido común que nos comeron. Longa vida a Galeano!

sonia dijo...

Grazas de novo Ana. Onde che poño o meu correo? aquí mesmo?...Sobre a creación do "soniblog" (jaja), me temo que o problema non é tanto a creación como a mantenza...pero de todas todas, o que non me perdo é esa excursión que promete sorriso e diversión...Ata pronto!

Ana Bande dijo...

jei sonibló, mandame unha mensaxe ao meu correo (ambb@uvigo.es) para quedar en conTACTO e xa falamos EN PRIVATE.