domingo, mayo 18, 2008

La elegancia del erizo, Muriel Barbery


Deixar de ler un libro polo seu éxito comercial é un prexuizo coma outro. Particularmente cústame superalo e só leo un best seller cando é por recomendación de alguén con quen comparto algo importante. Así que paso a bola e vos convido a mergullarvos neste apaixoante conto de fadas modernas e contemporáneas. Renée e Paloma son as dúas personaxes que tecen un precioso relato no que se combinan extraordinariamente a filosofía, o humor e a sensibilidade. Atrapoume sobre todo a personalidade de Renée, unha porteira cincuentona que nos explica a fenomenoloxía de Husserl coa mesma facilidade que algunhas esceas de Tolstoi, pero que día a día ten que esforzarse para parecerse a ese paradigma de porteira esculpido na mente da sociedade. Non deixa de ser una broma macabra do actual sistema este curioso fenómeno de atoparmonos con persoas de extremada delicadeza e preparación nos postos máis baixos (quero dicir con menos responsabilidades e polo tanto con poucas posibilidades de contribuir a mudar o propio sistema) e a abominábel mediocridade dos cabestros que dirixen os alpendres do poder, sexan con C ou con S eiros, xefes de negociados, vicerraptores de universidade, calumnistas (sic) columnistas de prestixio et. al., e xa non digamos no eido da cousa non pública, onde o que manda son o feixe de billetes que forman eses vultos deformes na perneira dos pantalóns. A detección e atención que Muriel Barbery lle presta a este personaxe é o máis rico e orixinal da novela porque dalgún xeito recupera e nos pon diante dos ollos a estas persoas que malia ser acochadas polos guionistas dun sistema no que o que mola é a pasarela, son os que permiten que o sistema funcione. Son desternillantes as críticas filosóficas da señora Renée e sobre todo as análisis psicolóxico-sintáctico-gramaticais das ordes que recibe dos ilustres veciños.

Máis información: Javier Ferrer. Diario de lecturas. delibros.org. Ruth Méndez. biblioactiva.

Dejar de leer un libro por su éxito comercial es un prejuicio como cualquier otro. Particularmente me cuesta superarlo e sólo leo un best seller cuando es por recomendación de alguien con quien comparto algo importante. Así que paso la bola e os invito a sumergiros en este apasionante cuento de hadas modernas y contemporáneas. Renée y Paloma son los dos personajes que tejen un precioso relato en el que se combinan extraordinariamente la filosofía, el humor e la sensibilidad. Me atrapó todo la personalidad de Renée, una portera cincuentona que nos explica la fenomenología de Husserl con la misma facilidad que algunas escenas de Tolstoi, pero que día a día tiene que esforzarse para parecerse a ese paradigma de portera esculpido en la mente de la sociedad. No deja de ser una broma macabra del actual sistema este curioso fenómeno de encontrarnos con personas de extremada delicadeza y preparación en los puetos más bajos (quiero decir con menos responsabilidades e por lo tanto con pocas posibilidades de contribuir a cambiar el propio sistema) y la abominable mediocridad de los brutos que dirigen los alpendes del poder, sean con C o con S eiros, jefes de negociados, vicerraptores de universidad, calumnistas (sic) columnistas de prestigio et. al., y ya no digamos en el campo de la cosa no pública, donde el que manda es el paquete de billetes que forman esos bultos deformes en las perneras de los pantalnes. La detección y atención que Muriel Barbery presta a este personaje es lo más rico y original de la novela porque de aguna manera recupera y nos pone delante de nuestro ojos a estas persoas que a pesar de ser escondidas por los guionistas de un sistema en que lo que mola es la pasarela, son los que permiten que el sistema funcione. Son desternillantes las críticas filosóficas de la señora Renée y sobre todo los análisis psicológico-sintáctico-gramaticales de las órdenes que recibe de sus ilustres vecinos.

5 comentarios:

Lula Fortune dijo...

"A mediocridade dos cabestros" sería un bo título para unha crítica ao Martin Amis. Pero non creo que chegara a ser un best seller.
Gracias pola recomendación. Agora fixo que terei que reencarnarme para que me de tempo a ler todo o que teño en "pause".
Biquiños.

canceleiro dijo...

Moi bo libro, a min tamén gustoume moito. Non o coñecía pero foi unha recomendaación da rapaza que atende en Librouro (a que fala en galego). A verdade e que non faia nunca, todo o que recomenda está pero que moi ben. A súa última recomendación que estou a ler agora é "Cabeza de Perro" de Morten Ramsland un escritor danés descoñecido para min

Felicidades polo blog, está moi ben.

Ana Bande dijo...

Non lin nada do Amis, bueno, si, pero lembro un ego tan enorme que deixei o libro ao pouco de empezar, non soporto a estes seres tan pagados de si mesmos. Grazas pola visita, amada Lula e lembranzas a Sailor.

Canceleiro, terei que ir axiña pois a Librouro a coñecer á "rapaza que atende en galego", velaquí un exemplo duha Renée de carne e óso que podería escribir estupendas crónicas nos xornais, que xa está ben de tanto S.de T. e M.R., sempre os mesmos en todas partes. E a todo esto, amigo Canceleiro, acabo de flipar cos seus blós, e sobre todo coa sua viaxe, esa sí que é unha boa aventura. Haberá que velo pouco a pouco. Grazas pola visita.

anarkasis dijo...

tomo nota, o noita o, lo que sea

r.r. dijo...

Mmmm... Apuntado.