lunes, diciembre 21, 2009

In illo tempore....


Non era o 75 X., era o 77, porque lembro que eu tiña 12 anos cando destacaba por culpa daquel uniforme do antigo colexio. Tampouco me mercaran unha carteira nova para os libros e aquel maldito mandilón de raias azuis sempre me delataba na clase. As clase de francés lémbroas especialmente, era un capítulo no circo e eu tiña que soltar de memoria o texto dun paiaso do que apenas entendía nada. A mesma profesora impartía historia e coa súa vara cantaba na clase "la raza de cro, la raza de ma, la raza de cromañón" e nós a coro repetiamos tamén de memoria. As nenas de doce anos falaban de política, tampouco entendía. E tiña que mentir todo o tempo. O peor sería que descubrisen a profesión do meu pai que para min daquela era o meu heroe. O home que presumía da filla máis lista, e que sempre me colocaba entre as súas pernas cando se sentaba do revés na silla. E logo un día houbo un temporal que nos librou das últimas clases da mañá. Eu xogaba de camiño para a casa cunha bandeiriña de España que pequei nun muro. Custoume unha labazada dun rapaz que me guindou as gafas no regato que se formara coa enxurrada. E seguín sin entender. Obrigado tocar a flauta. Volvíaos tolos na casa con eso. E cando me cansaba ollaba pola fiestra aquel estraño xogo no que todos toleaban batendo unha pelota contra un muro. Bandeiras de cores extrañas e extravagantes chaquetas a cadriños verdes e negros. Non entendía nin sequera os seus nomes, eran dificilísimos. Pero lembro unha canción "begoñako andra mari bizcaiko sandariiiiiii sure seme maitalea..." eu que sei. E os uniformes que tardaban semanas en secar porque non se podían tender no balcón. Mentiras nas fichas do colexio e mentiras ao mercar o pan cando te atopabas con alguén. E logo un río de cor laranxa ¿que era aquilo?. Volvín hai uns anos a aquel barrio, San Inazio. Desapareceran as Ursulinas de Jesús e o río xa era un río. Desapareceran moitas daquelas casas negras que metían medo e brilaba un edificio imposible no medio da cidade. Pero de todo aquilo quedaba o peor, xa sabedes.

6 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Fermoso retrato de infancia. E moi ilustrativo.

Ana Bande dijo...

adolescencia...

Ana Bande dijo...

era unha xente entregadísima...tiña unha amiga que sufrira un accidente grave e víñame ver con todos os ferros aqueles no corpo....

r.r. dijo...

Ñaka!

marlempicka dijo...

O peor, son as lembranzas? ou unha dor existencial por un tempo perdido que non puidemos disfrutar ó noso antollo?

Ana Bande dijo...

bueno, é un exercicio case físico para salvar sequera algúns fragmentos da memoria, o 77 en Bilbao foi algo especial, lóxico, viñamos do finis terrae e así de súpeto aterrar nunha megalópole onde día sí dia tamén estouraba unha bomba...teño esa sensasión de medo infantil, así como...medo por obrigación pegada aínda na pel, igual que o cheiro daquel Nervión fauve e a sensación de mancharme de negro só por camiñar polas rúas...a dor existencial por un tempo perdido, marlemlpicka síntoa cada día, non hai que fuchicar no pasado, agora mesmo, digamos, para disfrutar ao meu antollo debería estar noutro lugar a certa distancia...¡bicos!