domingo, diciembre 06, 2009

Cortocircuito.


Cortocircuito. Move a cámara. Camiña para atrás e cruza en bermello. E non durmas, iso é fundamental. Agarda a que haxa temporal. Comeza a correr antes do pistoletazo de saída e non tomes precaucións. Pisa a liña continua e acelera cando vexas unha curva. Mestura bebidas alcólicas e profana tumbas. Coa ortografía non podes e a sintaxe tela demasiado interiorizada. Rexeita paradigmas e inventa argumentos. Confórmate. Repasa ben as instruccións para non respetar ningún punto e lembra, lembra que non tes que lembrar. Colorea sen termar da liña de puntos e come a clara, é o máis rico. E non deixes a xema, é o mellor. Primeira mentira materna e por exclusión. Se a terra se move sáe á rúa, camiña de vagar. Non elixas. Que chova a cachón. Non respires. Non improvises. Tes frío, íspete entón. Pero procura a rima. Que haxa harmonía. E non pospoñas máis esa viaxe.
Foto: domingo, 01:00 am.

No hay comentarios: