Non son o profesor Ekman pero detecto doadamente a mentira. Uns segundos de máis ou de menos en respostar e xa teño a túa radiografía moral. Sinxelo. Semella simple ¿non? a partires de aí todo é vulgarmente previsible. Por iso damos un paso adiante. E non mentimos. Ou decidimos deixar de facelo. Pero houbo un lapso, mentres non se tomou esa decisión. Moveuse a dama estratéxicamente. As reglas aplicáronse cunha unilateralidade gastronómica. Botamos un pouco de fariña aquí e remexemos, a masa endurece, seguro. Pero coitadx, ti seguías cumprindo co ritual de bicar a fonte de auga fresca. E un bo dia pasou aquilo. E tragaches terra. Entón decides ti tamén facerte cunha boa provisión de especias. E estivo ben. Foi un ir probando de seguido e a cada paso aquelo sabía mellor. Exótico, afrutado, doce, salgado, infinitas combinacións podías facer con todo ese material. E sempre, sempre acadabas o punto que te facía irresistible. E como non había premio por ningures o xogo non podía ser máis emocionante. Competías contra ti mesmx. E cada día víaste rodeadx de moreas de Doppelgänger que non tiñan nada de diabólico. Non, non eran eses xemelgos malvados que enchen a mala literatura. Eran criaturas perfectas, belas, afoutas, que podían reproducirse só con que ti as pensaras. O xogo complícase. E non pensemos xa se eses seres se che rebelaran e tomasen decisións propias. Non penses niso. Vai a fonte e fai como que a auga é clara e fresca. Tes o control absoluto das sensacións, iso pon no teu flamante currículo. Logo só hai que facer como co viño. Agardar o tempo xusto a que fermente ben a uva e trasfegalo a envases máis pequenos. Así fabricas as emocións coas que terás que pasar o inverno. O bagazo hai quen o guinda ao lixo ou o emprega como estrume nun orixinal proceso de rexeneración. Ti non. Ti tes o alambique para fabricar o licor máis delirante. Aínda máis irresistible. Co siso atrapallado o xogo tórnase aínda máis excitante. Constrúes historias, contextos, soños e sustancias. Agora es unx alquimista de primeira. Podes baixar e subir sen que ninguén aprecie teus movementos e non tes nin que respirar para obter o que queres. Mentiras, verdades, que era iso. Agora es deus.
Resumo dun capítulo da serie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario