martes, diciembre 15, 2009

Nacionalidades.

É outro tempo, son outros os espazos, non interferimos coas nosas vidas e non tocamos órganos vitais, podemos sobrevivir sen ar e alimento, só precisamos contextos axeitados, estiramos e comprimimos horas e creamos situacións, falamos sen son e tocamos sen mans, non amolamos a ninguén cos nosos acordos, non temos que traducir porque non hai linguas, e non nos guiamos polo sol, aproveitamos baleiros e chuchamos o que rexeitan outros, non establecemos puntos e programas, e somos conscientes ata o delirio, non deixamos crecer o que non sementamos e non pedimos contas porque nunha houbo saldos que cadrar, as sinapses que nos conectan non as inventamos e obedecemos á harmonía, desconfiamos razoablemente das nosas capacidades para ser normais e cicais mollamos os pés algunha vez, pero sempre hai lume no noso corazón para quecer soidades. Sen fronteiras non hai nacións....¿pois entón?

Imaxe: Galicia mártir, Xaime Quessada, 1980

No hay comentarios: