jueves, febrero 25, 2010

Senxonacionalismo.


Porque claro, para que haxa unha auténtica compenetración teñen que concordar tamén as ideas. Iso é ter as cousas claras, si señor. Velaquí un exemplo dignísimo de verdadeira entrega á causa nacional, auténtica fidelidade patria. Vexo aí unha proposta de relación de sumisión política e de xénero que pode inaugurar unha cuarta ou quinta vía. Que retorcida son, si, si, é verdade. Pode que si. Pero pensade comigo...¿por que ter ideas galeguistas e ser sensible cos problemas do país é a condición para un contacto meramente sexual? ¿que valor engadido pode aportar un nacionalista de ideas sensibles cos problemas do país á sexualidade desa muller? Poden ser máis de cincuenta e cinco razóns, pero só son quen de imaxinar a unha parella que trata de facelo entre estampas de Castelao arrolados polo son dunha gaita. E está ben que así sexa ¡que carai! É como dicir ¿somos ou non somos? ¿pois entón? falemos claro, que son unha tía seria e non me vou deitar con calquera chiquilicuatre que non teña claro a diferencia de nación e nacionalidade, que non estea ben dotado de argumentos en contra do decreto ou que non teña traia ben estudadas as posturas en torno á lingua, a cultura e o territorio.

22 comentarios:

SurOeste dijo...

Razóns prácticas:

Son unha muller de 1: 80, atractiva e culta e busco retaco sen formación e rematadamente feo.

Gatitas superpijas, llámanosssss, o sea si!

Muller exótica, compracente, técnica sofisticada ofrécese a macho coa carteira ben chea de tarxetas.

Son homosexual, gústame o jazz e odio o heavy metal. Absterse graciosos.

Que pasa, Ana? Eu con Aznar non o faría, aínda que sexa nacionalista e faga a peineta na cama, jejejeje.

Sexo+amizade non é ningunha broma, é unha combinación bastante difícil, hai que afinar o máximo posible, que somos moi maniáticos e coa idade máis aínda.Esta muller ten claras as súas preferencias, aínda que ter esas características tampouco lle garantice o éxito da operación, son un punto de partida.

Estou pensando que poñería eu no anuncio...

Ana Bande dijo...

lo siento S. todavía no he parado de reir desde ayer a las 18:30, en cuanto pueda te contxto como mereces.

Lula Fortune dijo...

E que a lingua é moi importante nas relacións amorosas...Ah! que non era esa "língua" na que estou pensando, que este non é un post erótico...vouno ler outra vez, entón.............
¡Agora, xa o pillei!
Pois qué tristura, meu...co enriquecedor que resulta pelexar, ter esas "batallas de amor en campos de plumas", que dicía Góngora. Estar todo o día de rodillas ante o sagrario paréceme, canto menos, moi aburrido.
Biquiños

SurOeste dijo...

Que non, que non é así, é para non discutir e concentrarse mellor no outro. Pero imos ver: non sae mellor cando hai paz e harmonía? Pois logo!

Propoño outro anuncio:

Busco un chico que me ponga rrrrabiosa.

(non penso facer suxestións, aínda que as teña na cabeza, Ana)

r.r. dijo...

Aí de seso non fala nada; di amistade ou relación. Malpensadas.

En caso de buscar sexo, suponse que a coincidencia ideolóxica é para evitar perdas de tempo en discusións previas e pasar directamente ós prolegómenos (paradoxicamente).

Aludida dijo...

Son muller, nacionalista, teño 50 anos e fago o que me dá a gana. Non teño que pedirlle opinión a ninguén. ¿Teñen algún problema? ¿Non saben respectar os gustos dos demais? ¿Métome eu coas súas preferencias sexuais ou coas súas amizades? ¿Ou será que fago algo que vostedes, señoras, quixeran facer e non se atreven: poñer un anuncio? Seica son moi feministas todas, pero cando unha se sae da arañeira partiarcal e da submisión, son as primeiras en atacar. ¿Abúrrense dos seus maridos? Pois ese é un asunto seu, señoras. Un pouco de respecto para as demais. Que lles presten os seus polvos, se son capaces, que a min préstanme os meus.

Ana Bande dijo...

queridx anónimx, o de aludida póñoo en dúbida porque confirmaría un meu prexuizo sobre a absoluta falta do sentido do humor dxs nacionalistxs, e non é bo ter prexuizos. Non é falta de respeto ningunha rirse dun mesmo e ata dos demáis, máis ben todo o contrario, olle ao seu redor senón. A aludida imaxínoa moito menos cabreada e só con gañas de pasalo ben, non creo que se molestase nin en pasar por aquí nin en amoucarse polo que se opine do seu anuncio. Ou sexa, que de momento, pra min e vostede anónimx, estou por poñer un "o" porque empregar o de feminismo para atacar calquera crítica a unha muller non só é case de mala educación (no sentido pedagóxico) senón dunha falta absoluta de capacidade autocrítica. Cando me chaman feminista síntome tan ofendidida coma cando me chaman cociñeira, bibliotecaria, perruqueira, avogada ou xogadora de petanca, creo que o mesmo que a señora de cincuenta anos que escribiu o artigo. Non é cousa de ser afoutos poñer un anuncio, é unha necesidade, como a de alugar un piso ou buscar dono para seu can. Feminista nunha muller élle unha profesión. E a afouteza son outras cousas como sobrevivir cada día con menos dun euro, forexampel. Así que o tirón de orellas imos reconvertilo nunca gargallada a dúo tomando unha caña virtual e a outra cousa maripousa. Saúdos

Eu e as miñas circunstancias dijo...

A min pásame coma a SurOeste, levo un pedazo pensando, se me dera o punto, que poñería no reclamo. O da sensibilidade , neste contexto, eu case que llo pasaría por alto, que deixe esa e que traia outra. De problemas non quero que me fale e, o da amizade ímolo deixar en diversión. Nada, non me serve para reciclar, terei que facer un novo.

SurOeste dijo...

http://nubosidadevariabel.blogspot.com/2010/02/cita-cegas-i.html

SurOeste dijo...

perdón, saiume mal, vouno inentar outra vez:

NUBOSIDADE VARIABEL

cãosemdono dijo...

Falta o mellor de todo: a que asina o anuncio é Rosa Díez. O sea, en el sentido más peyorativo.

Lula Fortune dijo...

Por alusións:
Non teño ningún problema ¿e vostede?
Por suposto que respeto os gustos dos/das demáis.
En efecto, vostede non se meteu con meus gustos nen amizades, e que eu non puxen un anuncio nun periódico.
Non necesito poñer un anuncio para atopar amigos ou botar un polvo.
Non só non me aburro do meu Sailor senón que é a principal causa de que non teña que poñer anuncios.
En eso de que nos presten os polvos estamos de acordo, mire.
Atentamente.

Sir John More dijo...

Tengo un buen amigo nacionalista andaluz, y le voy a decir que tome nota de cómo os las gastáis los gallegos: nacionalismo y sexo, dos temas candentes que se abordan a la vez. Ahí está. Además, seguro que acaba demostrándose que, salvo excepciones insanas, en dirimiéndose las cuestiones sexuales con un poquito de seriedad, a nadie se le ocurriría pedir los pasaportes.

Bicos do sur.

Aludida dijo...

Xa que están tan interesadas e interesados na miña vida sentimental, informo que tres homes contactaron comigo. Mañá quedei para cear cun deles, a ver que xorde.
Está moi ben, Ana Bande, rirse dunha mesma, pero facelo dos demais sen coñecelos é demasiado gratuito e un exercicio estéril que pode chegar a ser moi ruín. Non digo que sexa o seu caso tendo en conta a contestación que dá, tentando un pouco de concordia. Non creo que tome unha caña con vostede, pero agradézolle a invitación. Si que me parece ruín a que se fai chamar Lula. Parece a típica señora de pelo cardado que se pon en plan superior con “las chicas del servicio”: “Non necesito poñer un anuncio para atopar amigos ou botar un polvo”. Fíjate tu, oye, qué cosas, atreverse a poner un anuncio en el periódico: qué vulgaridad, no se a donde vamos ir a parar, confunden la libertad con el libertinaje. Poñer un anuncio no xornal é, para esta señora toda digna, motivo de escándalo e de oprobio, algo que lle permite facer chistes de mal gusto co da “lingua”.
Soidade, si, ¿que pasa? algunhas persoas estamos soas, aínda que a señora Lula-pelo cardado nos desprecie desde a súa tontería supina. Parece que un pouco de compresión ten Suroeste no seu post, a non ser que estea en plan sorna. Sen vir a conto, a señora Lula informa que está moi contenta na cama co seu mariñeiro: excusatio non petita… Pero habería que preguntarlle a el, se cadra é un dos que respondeu ao meu anuncio. Se cadra por ese motivo é polo que leva o pelo cardado para tapar a súa cornamenta. Quen asina Can sen dono é, simplemente, idiota. E quen o fai como R.R. é un aprendiz de Chiquito de la Calzada.
Pois nada, amigas e amigos todos, mañá vou ir á perruquería a botar tinte e acicalarme. Pola noite poreime guapa e irei á cita. Falaremos de Galiza, si, e do decreto e da fusión das caixas. Isto é algo moito mellor e moito máis san que andar a despelexar ás persoas con aire de pretendida superioridade. Xa lles terei informadas. Pero por se acaso quixera saber como se chama o mariñeiro da señora Lula, non vaia ser o demo que sexa el o galán da cita e que despois veña ela a turrarme dos pelos e a chamarme zorra. Boas noites e vostedes o pasen ben.

SurOeste dijo...

Gustoulle o post, Aludida? Se hai sorna ou non eu non son quen de dicilo, correspóndelles aos/ás lectores/as. Eu só podo aclarar con que ánimo o escribín.

Sinceramente, véxome perfectamente no caso, o amolado é a resignación ou mesmo a autocompracencia, así que penso seguir tirando do fío e imaxinando que pode pasar a partir dunha situación coma esa.

r.r. dijo...

¡Gracias, aludida! Iso éra precisamente o que eu quería. Se chega chamarme aprendiz de Faemino mandáballe unha biblia ilustrada.

En todo caso, que quede claro que fai vostede moi ben en poñer os anuncios que lle saen dos adentros e quedar con quen lle pete. Oxalá lle vaian ben os encontros.

(O meu problema, confésollo, foi que non entendín o post da Ana e, por suposto, non lin as respostas, porque isto parece o blo ese das trufas na nonaina con tanto parrafón).

Ana Bande dijo...

non me estraña que non me entendas Rú, non o fago nin eu, xa o expliquei no seguinte post, e tiiiiii....vas levar...

r.r. dijo...

Home, muller, si, o seguinte post... ¿O que está en francés? Mira, non quero facer máis chistes malos que co de Chiquitiño estouche ben contento. Cando se entere o Chiquito DlH61 xa se me pon celoso.

Sir John More dijo...

Joé, casi mejor no le digo nada a mi amigo, que aunque nacionalista le tengo un gran cariño. Y con todos mis respetos a los nacionalistas de extrarradio, a los nacionalistas patrios, a los nacionalistas solos y acompañados, a los antinacionalistas y a los que el nacionalismo nos la trae al fresco, oiga, el humor ante todo, ¿no? Quien no se ríe de uno mismo suele hacer llorar a los demás. Ánimo, Ana, a mí tu blog me gusta mucho, y aun sin saber (pobre de mí) demasiado gallego, lo entiendo perfectamente. Ah, y en cuanto a Lula... sí, sí, una arpía, lo que yo os diga... Mais bicos.

Ana Bande dijo...

Rurú, seica me andas adoecido meu neno, ta bennnnnn...ta bennnnn...o próximo post fago unha reseña túa cajoendiola...e si, si, señor More, o humor que non falte, sobre todo aos nacionalistas, que ben lles cómpre. Bueno, vou seguir co francés malia que lle pese ao meu rumiante preferido. ¡muacas a todxs! (verba de paso "torta"...juás!)

Ana Bande dijo...

ah..que me esquecía, Lula, par Dieu, alisa ese pelo nena que estás demodée!

Lula Fortune dijo...

O pelo cardado tampouco está tan mal:
http://www.youtube.com/watch?v=0jd1dhzHWek&feature=related

Que no decaiga. Bicos Ana.