Cada certo tempo retomo a Primo Levi. O enfrontamento cunha escrita desapaixoada que conta situacións de violencia extrema axuda a resituarse en tempos de crise. Non é unha pulsión masoquista a que me achega á literatura do holocausto, é unha necesidade de entender comportamentos humanos que forman parte das nosas rutinas. Saímos cada día nos xornais como protagonistas de holocaustos de todo tipo. O estudo da violencia non rematará con ela, sen dúbida, pero entender o que H.A. chamou a banalidade do mal pode axudar a combatir esa pulsión primitiva e animal que nos convida a inflixir dano gratuitamente. E desta banalidade do mal forma parte tamén o desprezo polo seu estudo. Cicais o mesmo que acontece coa memoria histórica. Cicais exemplos da cobardía para enfrontármonos con nós mesmos. Non está todo estudado. Nin moito menos. Hai poucos anos que temos acceso a traduccións de textos, testemuñas, ensaios, filmes, memorias, diarios, documentais, etc. Primo Levi, Jean Améry, Shoah e Sobibor de C.Lanzmann, O xuizo de Nuremberg, un especialista, de Rony Brauman e Eyal Sivan, etc. son documentos que nos fan partícipes daquela historia terrible e moitos deles son producto dunha necesidade de contar que convertía a morte nun luxo para os que sentían esa obriga como irrenunciable. Unha necesidade de contar que, como recoñecía P.L. avait pris la forme d´une impulsion inmediate et violente qui pouvait rivaliser avec les besoins élémentaires que nos avions par ailleurs. Unha pulsión que seguramente se alimentaba da esperanza nunha correspondente necesidade de coñecer. Porque descoñecer a historia, sobre todo a máis violenta, que é precisamente a máis recente, non asegura que non se repita, pero mergúllanos nunha intemperie intelectual demasiado propicia para converternos en vítimas da perversas ambicións dos individuos máis mediocres e faltos de escrúpulos. Afortunadamente estanse xa facendo tamén na nosa contorna estudos interesantes. O profesor Garrido Vilariño, autor dunha tese moi interesante sobre as traducións no proceso de Nuremberg, ten publicado entre outros, un artigo sobre a interpretación nos filmes do holocausto no que analiza en profundidade os documentos máis importantes sobre o tema. Shoah e Sobibor, de Claude Lanzman, The Nuremberg Trial, Un Specialiste, de Rony Brauman e Eyal Sivan, entre outros. Nesta ligazón tendes o artigo do que en poucos días agardo ofrecer unha tradución.
Outros artigos do mesmo autor:
Outros artigos do mesmo autor:
- Os límites do cinema documental na representación do holocausto: o modelo de Shoah como tradución / paratradución do acontecemento. En: Carmen Becerra [et. al.] Lecturas: Imágenes. Cine y Memoria. Vigo: Academia del Hispanismo, 2007.
- A escritura resiste a barbarie?. En: Viceversa, 11(2005). Universidade de Vigo.
1 comentario:
hola ana!como estas?sorpresa!! UN BICO.soy Yolanda,Figueras 1990.
(fca.real@hotmail.com)
Publicar un comentario