sábado, mayo 08, 2010

Judith Torrea e Juaritos.

Esta fantástica muller, periodista independente traballa dende hai dez anos en Ciudad Juárez, a súa "Juaritos", e ven de recibir un merecidísimo premio. Nesta entrevista acláranos moitas cousas sobre esta cudade, as condicións dos seus habitantes, o mundo das maquiladoras e a situación das mulleres e nenos víctimas do narcotráfico, deste México que segundo ela é un verdadeiro estado de dereito, porque non existe. O seu bló, Ciudad Juárez en la sombra del narcotráfico, é para min do mellor que teño visto na rede dende hai moitos anos, unha fonte importantísima para coñecer un dos casos máis arrepiantes de violencia e xenocidio no mundo actual. Estar informado é sinxelo, e é unha das poucas cousas efectivas que podemos facer para contribuir a deter esta barbarie. Que cada vez que vexamos ao presidente mexicano non esquezamos que o iso non é democracia. Que alí quen manda é o narcotráfico, o maior dos negocios e que nesta época de crise emporcallou a todas as insitucións e está na base dos asasinatos de mulleres, nenxs, periodistas...aproveitemos esta fiestra que nos brindan as redes sociais para apoiar a esta moza, ás mulleres de Juárez e a periodistas, escritores e ás tralladores de maquiladoras como Elpidia cuxos testimonios son imprescindibles para coñecer o día a día deste problema.

11 comentarios:

Roberto Bolaño dijo...

Ana, eu dígoche onde conseguín os libros, pero moito me temo que vas ter que facer 1.100 km para plantarte aquí, en pleno barrio de Sant Antoni de Barcelona, buscar o nº 22 ou 24 da rua Comte Borrell e entrar na tenda de compra-venda de antiguidades La Trocante, onde poderás encontrar todo tipo de cacharrería de segunda mao. Tamén, como non, un apartado de libros, onde unhas veces "pillas" algo de xeito e outras saes de vacío. Así son as cousas nestes sitios. Aínda que furgando ben sempre acaba saltando o libro (saltar a lebre non tardará, entre tanto bosque de cacharro antigo) que non buscabas pero que el te buscaba a ti. A respeito das homenaxes que dixen a Bolaño, as nosas non consisten en discursos e esas cousas. Nós somos un grupo de amigos e amigas xunguidos pola admiración da obra e da xeografía biográfica do autor chileno que viveu en Blanes e limitámonos a percorrer as ruas e os lugares de Blanes (casa, librarías, biblioteca...) por onde se moveu o detective selvaxe e rematamos cun xantar que desta vez non pudo ser no bar que frecuentaba o Bolaño, que estaba fechado, e menudo desgosto que levamos. O domingo 12/10/2008, Vila-Matas dedicoulle o seu Dietario Voluble en El País de Catalunya e aquí tes a segunda parte do artigo. Que conste que á inauguración da Sala Bolaño en Blanes asistiron dous "membros" do noso grupo. Eu daquela non pudera asistir e ben que o sentín.

LA SALA BOLAÑO

Enrique Vila-Matas 12/10/2008

En este contexto cultural, inauguraron el otro día, lejos de los focos mediáticos, una sala de actos dedicada a Roberto Bolaño en la Biblioteca Comarcal de Blanes. Fue un acto impulsado por la Fundació Planells y del que creo que debo dejar constancia. En la televisión local me animaron a decir si era importante el señor Bolaño. Tuve que decir la verdad: habrá un día en que Blanes será conocida en todo el mundo porque en ella vivió Bolaño. Y les informé de que este autor, aunque disfrazado de beatnik, está triunfando en Estados Unidos -veo a Roberto riendo ante la noticia-, aunque, eso sí, por fortuna no ha sido canonizado por las furzas vivas del oficialismo cultural. Es decir, todavía no lo lee Clinton.

A pesar de la existencia de un bolañismo en su vertiente más necia, sigue siendo un autor no institucional, y eso es magnífico. No es un marginal, pero sus seguidores le mantienen en una órbita insolente. Y eso es bueno, me parece. Porque así Roberto puede seguir fumando a su manera en Blanes en el bar del Casino, o riendo en Nueva York al leer las últimas noticias sobre el excelentísimo novelista don Fulano de Tal, y riéndose de todo, para qué nos vamos a engañar.

Alexandra y Lautaro, los dos hijos del escritor, descubrieron la placa de la sala de actos Roberto Bolaño. En ella hay unas palabras cassolanes de su padra: Yo sólo espero ser considerado un escritor sudamericano más o menos decente, que vivió en Blanes, y que quiso a este pueblo". Quizá sean mejor así las cosas, escasas a propósito. Pero no está claro. Durante el coloquio que siguió, y en el que participó su amigo de siempre, el novelista A.G.Porta, se ponderaron ampliamente las virtudes del gran poeta y novelista y se le explicó a Josep Trias, alcalde de Blanes, que Bolaño es hoy en día un escritor universal y que, tarde o temprano, por muchas glorias locales que haya en el pueblo, el tiempo pasará -como en la canción de Casablanca- y la biblioteca comarcal se llamará Biblioteca Bolaño. Cuando se abrió el turno de preguntas, el chileno Jorge Morales quiso saber -a tenor, dijo, de lo que se había dicho allí sobre la universalidad de Bolaño y viendo que una multitud abarrotaba la sala y se había tenido que instalar una pantalla y habilitar 200 plazas fuera del recinto- qué más tenía que hacer un escritor como Bolaño para que la biblioteca comarcal llevara su nombre.

Roberto Bolaño dijo...

O chileno Jorge Morales que cita Vila-Matas afinal do artigo, ademais dun tipo encantador e bolañista tremendo, leva unha revista d´Art i Poesia: EL LLOP FEROTGE. Vai a Google, pon el llop ferotge, entra, escrebe no buscador RECORDANDO A ROBERTO BOLAÑO, e poderás ler a crónica do 4/10/2008 dun dos membros do noso clube de amigos bolañistas sobre LA SALA ROBERTO BOLAÑO.

Ana Bande dijo...

ok, vou ala, grazar Roberto!

Anónimo dijo...

Para cando te vemos por latri.ca?

Unamaquila dijo...

Hola Ana, qué agradables sorpresas encontré al entrar en tu blog! Colgaste la entrevista de Judith (una pequeña corrección, su apellido es Torrea, no Correa) una mujer que admiro mucho. Todos deseamos que le permitan seguir haciendo su trabajo sin censuras ni represiones. Es decepcionante que en Juárez ningún diario haya publicado la nota de su premiación. Luego me dedicas tu post sobre 2666 y también descubro que tienes enlazado el blog de Carlos Àlvarez, un querido amigo madrileño al que vemos cada vez que vamos a España. Nos encontramos como en corredores de energía todos los que tenemos coincidencias, no? Gracias. Un beso!

Ana Bande dijo...

Roberto Bolaño,
Moi interesante a crónica, xa vexo que sodes unha boa tropa de seareiros bolañistas, eu quedei prendida tamén do chileno, descubrino moi tarde pero pagou a pena, todo un personaxe. Agora que papaei a grande 2666 vou coas pezas menores, esas que el consideraría como de entrenamento para a carreira final, pero aínda así atopo en entrevistas unha frescura e unha orixinalidade moi de agradecer.

Unamaquila,
Gracias a ti, amiga. Descubrirte aquí detrás, vamos un pasito "no más" ha sido una de las mayores alegrías que me ha dado este blog. Estoy literalmente enchanchada a tus historias, y aunque ya te lo he comentado en privado, te vuelvo a dar otro empujoncito para que reactives tu blog. Por una temporada dejo el papel impreso y sigo leyéndote. La historia del espejo en los baños de la maquila, la puntualidad de Irene, espejismo en las maquilas, el baile anual de la maquila, lo que piensan las madres mientras ensamblan piezas, lo que significa levantarse a las cuatro y media de la mañana y el miedo que soportan estas mujeres de camino a su "camión", en fin, Elpidia, que lo siento, pero tienes que seguir y seguir y seguir y seguramente pensar en hacer un libro con tus relatos porque la historia lo merece y tu arte para contárnolo no puede ser este tesoro medio escondido que sólo algunxs y de casualidad encontramos en el fondo de la red. Un enorme abrazo.

Roberto Bolaño dijo...

Ana, pasei por Arroutadas, busquei o fío ANTOLOXÍAS POÉTICAS: O POEMA FAVORITO, por certo, aberto por Arume dos Piñeiros, e dei con el, sepultado na páxina 90 e varado no domingo 8/6/2008. Boteino para riba, claro, fixen que boiara, e aí o tes en primeiro lugar. Se non sabías del e tes vagar, pasa por Arroutadas e alí poderás ler entre outros varios poemas de Roberto Bolaño. Que disfrutes da poesía do chileño, se é que non a coñeces.

Ana Bande dijo...

Roberto Bolaño,
Non localizo iso que me dis, se podes ponme a ligazón completa, please. Grazas.

Ana Bande dijo...

Robertooooooooo
xa está, xa o localicei, vou mirar de que vai.

Ana Bande dijo...

Robertooooooooooooo
otia que chulada, pero iso vaise perder aí ¿non?

detective crepuscular dijo...

Ana, como vexo que xa o localizaches, non ten moito sentido que insista, pero así e todo vouno facer, non sen dar por sentado que quen che fala é un completo analfabeto cibernético e que mellor estaría calado que dándolle indicacións a ninguén: Entras en Arroutadanoticias, vas ao panel da esquerda e "cravas" a frecha en Foros, logo en Foro Aberto, e xa tes ante ti a páxina actual de arroutadas. Entre os primeiros fíos figura o recuperado ANTOLOXÍAS POÉTICAS: O POEMA FAVORITO (Ir á páxina: 1...8,9,10), que consta como é obvio de 10 páxinas e que foi aberto por don Arumes no 4/12/2007 e rematou no 8/6/2008. Vas mirando cada una das 10 páxinas e alí atoparás poemas postos polo propio Arumes, por Viaxeira, por Cabronario, Amorodo, Xiao, Lugués (o X.M.González, que foi un dos pesos pesados de Arroutadas e tamén daquel Vieiros de hai tantos anos), Roberto Bolaño e tantos outros e outras. Se algún día tes vagar de avondo, podes mergullarte nas profundidades oceánicas de Arroutadas e darás con fíos ben curiosos e levarás surpresas a fartar, se é que ti non fuches unha arroutada, que esas cousas nunca se saberán de certo, aínda que a min me parece que non, que non o fuches, e se así for non sabes o que te perdiches. Lembro que había un que tamén debe andar perdido por alá abaixo (talvez no 2008) que levaba por título AS UVAS DA SOLAINA, que tamén tiña a sua coña. En fin, teña vostede boas e arroutadas noites.