A escolla para reitor desta nosa universidade está dando moito que falar estes días pola orixinalidade da campaña dunha das candidaturas. O goberno da universidade está case exclusivametne nas mans dun dos colectivos que forman a comunidade universitaria, o profesorado. Os outros dous, alumnado e persoal de administración e servizos, digamos que non pintan moito neste asunto. Isto case sempre foi así, por iso, alumnos e traballadores non docentes non amosaron nunca demasiado interese neste tipo de eleccións. Nunha loita un pouco desesperada por unha poltrona tan erudita e mol, unha das candidaturas deseñou unha campaña certamente vulgar e seica un chisco agresiva de máis nese ton prepotente que adoita empoleirar á machovaronía reinante cando se sabe posuidora da variña máxica que sempre nos deixa tan satisfeitas. A estratexia destas campañas foi ata agora unha cousa de andar por casa. Visitas a despachos, cafés a todas as deshoras, paparotas de menús variados tipo hoxe por ti mañán por min, e como moito algunhas charlas nos auditorios das facultades para explicar un pouco pólo miúdo o programa electoral, ao que asisten os mesmos que ás paparotas e cafés, ou sexa, aspirantes a vicealgo procedentes do PDI e diversas figuras docentes producto de reformas e contrarreformas nun retorcido sistema de acceso ao status docente que xa só entenden os que pasan a vida mergullados en convocatórias e boletins oficiais. É pouco coñecido o choio qu
e se agocha nestes grandes chiringuitos de elite no que se converteron as universidades, senón non me explico como nestes tempos tan duros o pobo pode consentir tanta ledicia orzamentaria e tanta subvención, e tanto sobresoldo para tanto vicenonseiqué e para tanto proxecto, e para tanta sigla, e oficiña, e fundación que se monta onde non hai tanto había aulas e paraninfos. O pobo non entendería, seguro que non. Pero ollo, que o sistema é transparente e democrático. As contas son públicas e as falcatruadas management system están recollidas en oficialísimos informes de institucións da máis alta e rigorosa reputación. Así que eu non me estraño moito da vulgarización desta campaña na que absolutamente cada voto conta. Os reitorables decatándose por fin das potencialidades do tradicionalmente esquecido sector do alumnado non dubidan en mercar para a súa campaña un ready-made ad-hoc. Obxectivo,
conectar con
todo posible votante. O
voto de calidade custou o
seu, pero xa está na
saca.
Agora imos polos
que non valen case
nada,
eses que teñen que votar cinco para facer un. E entón falámoslle no
seu idioma,
que seica é o da Esteban, a
vulgaridade en persoa no medio da requintada poligrafía de
lequios,
pipisestradas e
marichalares de tan
avultado vocabulario. Así
que esta deliberada vulgarización da campaña de
que tanto se está a latricar, amigas e
amigos, non é
para poñer o
grito no ceo. É
outra arte de
pesca nada máis. O
fino palangre de anzois
para a
captura do
peixe gordo e
para vós, alumnos e
PAS,
este buitrón, esta
rede na
que incluso algúns
vos lanzaredes engaiolados
literalmente por este confabulairo de bechos extraordinarios
que a xeito de
amante galego falante vos deixarán tan, tan, tan
satisfeitos. Pero o deseño desta campaña e,
sobre todo a reacción do electorado déixame tan abraiada
como a actual declaración do
papa sobre o
terceiro segredo de Fátima. Seica
aqueles tres pastorciños xa sabían
todo esto da pederastia e
abusos sexuais varios cometidos
polos violadores sotánicos e non dixeron
nada de nada. ¿e será
que eles mesmos foron pillados in fraganti e
obrigados a
calar logo da aparición?
A ver irmáns...¿quen é o da foto?....pista: semana santa madrileña na porta do sol...
4 comentarios:
Muchas gracias por la publicidad del libro :)
Ben por ti, amiga!
¿publicidade? ¿que publicidade?
¿ben? ¿seguro que ben?
si pero...o importante ¿quen é o da foto?
Publicar un comentario