martes, julio 06, 2010

Dublinesca (II) e Spider.

Spider é un personaxe inquietante. Dende pequeno tece arañeiras coma quen reconstrúe un mapa neuronal eivado irremediablemente. A súa vida é un penoso vagar pola herdanza dun trauma cicais inexistente, pero o director engádelle unha lucidez tan desacougante como a certeza da propia loucura. Terminas a película queréndolle a Spider. Porque concentra todo o sufrimento dos que se pechan nas súas neuroses e contrúen ou inventan traumas propios. Ou os lembran. Ou os soñan. Spider é un arqueólogo da súa propia identidade que nos amosa que a fronteira entre a loucura e a tolemia é tan feble coma o fío de seda das arañeiras que constrúe compulsivamente e que actúan como unha metáfora da violencia que desencanedan as necesidades primarias, no seu caso a necesidade de protección dunha nai á que fai caer precisamente aí, na arañeira, o agasallo que a xeito de relato inesquecible lle tece ao seu fillo. VM introduce a Spider no seu relato dun xeito tamén inquietante. Riba e a súa dona ven esta película e observando a Spider non podemos evitar vérmonos espiando o noso interior. Pero para eso está o bo cine e a boa literatura ¿non si?.
Imaxe: Spider, David Cronenberg.

No hay comentarios: