Dublinesca non remata nunca, como París. Coma os pesadelos en serie sobre avións que se estrelan aquí, agora. Porque non quería dublinesca rematase, non ata que completar a metamorfose que me convertise nun heterónimo indecente e imprevisible para dar que escribir a vilamatas. Para amolalo. Porque ao lector non se lle rifa, vaia oh, e nestes tempos de miseria lectora. Só me faltaba, recibir unha bronca do autor. Haiche cousas. Nin a vilamatas llo consinto. Aínda que leve toda a razón do mundo e escriba como lle pete, que lle peta moi, pero que moi ben. Pero nin con toda a graza de Sterne me poño a facer deberes, bueno, si, perdón, a Sterne fíxenlle caso. Fun boíña e volvín atrás no Tristan Shandy tal e como me mandou, calquera se resiste buf...e mais cando te tratan con ese ¡señora! impúdico, imperativo, descar(n)ado. Aceptei a penitencia a medias pero con gusto. Pero con vilamatas non, ao vilamatas gustaríame darlle un bo susto e de socato aparecerlle unha noite inspirada no seu documento word con todos os meus atributos de lectora in pectore e proporíalle un reto. Terapia para hikikomoris en potencia ou autores con síndrome de personaxes: elixe o camping máis ocupado da zona máis turística e pranta unha canadiense no medio e medio, rodéate de familias numerosas con fillos pequenos e avós e tíos e primos e cans e iguanas e disfruta do recendo das cremas solares e do balbordo da brisca da sobremesa. E nada de libros, como moito o programa das festas de Salou ou o manual de instrucción do subastado ou o tute cabrón, quedarás coma novo para a próxima tempada vilamatas do meu corazón.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
jo, pois xa me dan ganas de ler esta de vila-me-matas... ou que ma destripes, se cadra :)
para destriparcha xa están os milleros de webs e blogs...e a mellor a do propio autor, vilamatas ten unha web preciosa e completísima. Bicos, agora vou ver se acabo co alien coa apócema esa que me dixeches¡muaca!
Publicar un comentario