Concubinas ou New York, New York.
miércoles, abril 09, 2008
Inma López Silva, Premio Blanco Amor de novela
Concubinas ou New York, New York.
lunes, abril 07, 2008
viernes, marzo 28, 2008
Tendais
Arquivos ¿desastres naturais?
e hoxe vemos esta
Os arquivos abandónanse, uns caen por instalacións totalmente inadecuadas e outros arden tamén por abandono, por non falar das destruccións planificadas. A estas alturas é non só lamentable, senón incrible que cos medios técnoloxicos que existen, deixemos que se perda a memoria. E xa se sabe, pobo que non lembra ....claro, que a investigación histórica non está de moda, moitos chámanlle "remexer no pasado, ¿ou non lembrades a Rajoy no segundo asalto cando referíndose a Lei da Memoria Histórica dicia "esa ley que no le interesa a nadie"? ou cando dixo algo así como "yo no ando por ahí investigando". Sentín tanta vergonza coma cando saíra o seu mentor falando tejano.
Os dereitos dos cidadáns cada vez están menos garantidos cunha administración que perde os papeis (en tódolos sentidos, ademais). Pérdense historias clínicas, quéimanse expedientes xudiciais, acumúlanse en barracóns inaccesibles moreas de documentos soterrando os nosos dereitos para toda a eternidade. A situación é alarmante. Ningunha consellería do goberno autonómico ten o seu arquivo organizado e os "papeis" dos cidadáns púdrense nun galpón do polígono do Tambre. Que tempos, amigos. ¿quen endente nada? A Cidade da Cultura segue sendo un monstro que medra chuchando todo canto euro ingresamos nas contas públicas e os documentos e materiais que deberían conservarse alí podrecendo nos escuros e sinistros sotos das sacrosantas administracións.
La caída del archivo impide el acceso a 500.000 historias clínicas de Vigo. El hundimiento de las estanterías privará a los médicos de los datos de 5.000 pacientes cada día. Los hospitales gallegos mueven cada día 20.000 historias clínicas
Valiosa información sobre archivos en el magnífico blog de María José Aldaz archivística.net
VERSIÓN EN CASTELÁN: Los archivos se abandonan, unos caen por instalaciones totalmente inadecuadas y otros arden también por abandono. A estas alturas es no sólo lamentable, sinó increible que con los medios tecnolgicos que existen, dejemos que se pierda la memoria. Y ya se sabe, pueblo que non recuerda ....claro, que la investigación histórica no está de moda, muchos le llaman "remover en el pasado, ¿o no os acordais de Rajoy en segundo asalto cuando refiriéndose a la Ley de la Memoria Histórica decía "esa ley que no le interesa a nadie"? ou cando dijo aquello de "yo no ando por ahí investigando". Sentí tanta verguenza como cuando saliera su mentor hablando tejano. Los derechos de los ciudadanos cada vez están menos garantizados con una administración que pierde los papeles (en todos los sentidos, además). Se pierden historias clínicas, se queman expedientes judiciales, se acumulan en barracones inaccesibles montañas de documentos enterrando nuestros derechos para toda la eternidad. La situación es alarmante. Ninguna Consejería del gobierno autonómico tiene su archivo organizado y los "papeles" de los cidadanos se pudren en un galpón del polígono del Tambre. Que tiempos, amigos. ¿quien entiende nada? La Cidade da Cultura sigue siendo un monstruo que crece engulliendo todo cuanto euro ingresamos en las cuontas públicas y los documentos y materiales que deberían conservarse allí pudriéndose en los oscuros y siniestros sótanos de las sacrosantas administraciones.
martes, marzo 25, 2008
Canis Interruptus
VERSIÓN EN CASTELLANO.
jueves, marzo 20, 2008
La doctrina del Shock, de Naomi Klein...e seguimos avanzando....
El gusanillo de los libros; Sincrono ; Web de Naomi Klein (magnífica) ; otromundoesposible; (a propósito, o artigo de M.Rivas, malísimo, vamos, que non leu o libro, seguro)
lunes, marzo 17, 2008
La pesca del salmón en Yemen, Paul Torday

A.T. recomendoume esta lectura nun día de paseo polas rúas de Giza. De non ser así creo que este título non chamaría nunca a miña atención porque a pesca en xeral e a do salmón en particular nunca foron temas obxecto da miña curiosidade. A pesca do salmón no Iemen no Iemen é o extravagante proxecto dun xeque que debeze por introducir no seu país a súa recente afección. Guiado polo poder dos cartos e a fe non albisca atranco algún para a introducción desta especie nos wadis iemeníes malia as condicións naturais totalmente adversas nesas desérticas latitudes. A historia comeza coa posta en marcha desta quixotesca angueira na que participan organismos estatais, sobranceiros centros científicos e por suposto cobizosas empresas intermediarias. O histrionismo da historia acada as súas cotas máis elevadas cando actúan os políticos, invistindo inxentes cantidades de diñeiro en ridículos proxectos que só tentan ocultar as miserentas consecuencias dos desnortados proxectos como a guerra de Irak. En cuanto aos personaxes, todos cumpren os requisitos da esperpéntica historia e a medida que esta avanza vanse perdendo contrastes e acaban por trocarse en simples caricaturas. Temos ao político necio que morre por contentar ao xefe (Peter Maxwell), á executiva agresiva e sen escrúpulos que só vive para acadar un ascenso e gañar máis (Mary), o científico iluso que acaba crendo en andrómenas e carece de vontade para tomar decisións (Alfred, o seu home), o xeque tolo, etc. Haberá que seguirlle a pista a este orixinal escritor e enxeneiro.
sábado, marzo 15, 2008
Lembrando a Mazen.

miércoles, marzo 12, 2008
Non penses nun elefante, George Lakoff

Hai quen asegura que ZP aprendeu de memoria este manual de estilo para progresistas. Agora que saíron as notas non teño dúbida. Aprendeuno e asimilouno perfectamente. Trátase das conclusións dun reputado lingüista norteamericano sobre a superioridade persuasiva do discurso conservador. Aínda que se fale da política dos U.S.A., o texto é perfectamente extrapolable a nosa lonxitude (a latitude ven ser a mesma). A grandeza do pensamento conservador (xa saben o que gosto dos oxímorons) non está tanto na profundidade intelectual do seu relato senón nas inxente cantidades de sanguedólares investidos nos famosos think tanks que fabrican intelectuais just in time para arranxar tódalas viraxes progresistas tan molestas e persistentes coma eses tornados que desmelenan cada pouco as anquilosadas conciencias dos americanos con segunda hipoteca. Lakoff insiste na teoría do marco para explicar as eivas do discurso progresista. Segundo él, a esquerda non convence porque constrúe o seu discurso coa mesma materia prima que os conservadores. Cando fala a esquerda non poden evitar "pensar no elefante" (o símbolo da dereita) de xeito que non só non convencen, senón que contribúen a reforzar as ideas do "inimigo". Lakoff fai unha análise do discurso político ben sinxelo e acertado, ademáis de optimista. Os progres levamos moito retraso, aínda non temos tomadas as universidades, non temos aínda montada unha infraestructura intelectual proactiva que nos teña preparado o argumento xusto no momento oportuno, é máis, Lakoff mesmo desconfía de que os progres teñan claro o seu propio sistema de valores. Son bos consellos para loitar nesta area, pero se non nos gusta o escenario do xogo, o libro e máis do mesmo. A arte de convencer aínda que non se teña razón. E aí veñen os lingüístas reconvertidos en técnicos de marketing para axudar aos que teñen que convencernos da xustiza da suba dos prezos, da necesidade das guerras e dos danos colaterais e da pertinencia dos novos pecados capitais. [Fonte da foto]
domingo, marzo 09, 2008
El padre de Blancanieves, de Belén Gopegui.
Versión en castellano
jueves, marzo 06, 2008
Crónica da visita do mestre Rubén Ruibal a Vigo.
Ya podían tomar nota tantos aprendices de sabios del buen hacer de nuestro R.R. porque non es fácil divertirse tanto e n estos actos, máis bien es casi imposible. Limpeza de Sangre aún gana más cuando el autor nos descubre los deliciosos secretos del proceso creativo, en quien se inspiran los personaxes, el origen de sus nombres, las deliciosas "trampas" que nos tiende. Rubén mantuvo nuestra atención mediante un generoso y rico discurso aderezado ccon una exquisita dósis de metáforas hermosísimas que nos abrieron ese cofre tan celosamente guardado por los escritores y que tanto agradecimos todos, especialmente, imagino, los alumnos de la Escuela de Arte Dramático de Vigo. Nos regaló también acertadísimas citas que nos recordarán durante un tiempo algunas lecturas que tendremos que abordar, como Chantal Maillard, porque Rubén tambén escribe "para que el agua envenenada pueda beberse", que es decir muchu, mucho, mucho, en pocas y hermosas palabras. Mover conciencias, nada menos, amigo RR. Hablaré pronto de otro hermoso intento desde la literatura para cambiar el mundo, "El padre de Blancanieves", de Belén Gopegui. Un abrazo a todos los que hicieron de ayer un día tan especial e divertido, especialmente a Arume, Inma, Lula, Occam, Cronopio y por supuesto a RR. Aquí os dejo un retrato de algunos que conoceis bien los asiduos a este burladero. [la foto es malísima pero es la única en la que estamos casi todos. Adivina adivinanza].
miércoles, marzo 05, 2008
Rubén R. en Vigo.
Rubén R. estará hoxe na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para falar da súa Limpeza de Sangue. Un día de ledicia para moitos que imos disfrutar da compañía deste escritor, blogueiro, amo de casa, nonseicantascousas máis pero sobre todo, amigo. Como fannámberguán vos animo a achegarvos ata Marcosende pola mañá ou pola tarde na sede da ESAD e por suposto a ler a súa obra premiada que xa se atopa traducida ao castelán. Aquí tendes a estupenda crítica que fai da obra o benquerido Arumes. lunes, marzo 03, 2008
Simone vs. Beauvoir
Estes días increméntanse para nosa vergoña, os asasinatos de mulleres. De momento non son nen sequera instrumentalizadas polos partidos políticos porque estas mortas aínda non teñen o mesmo valor que os mortos de ETA, pero a todo chegaremos....
Se escribimos...mátannos...Se denunciamos....mátannos....Se falamos...mátannos...Se calamos..mátannos....Se (completa co que queiras)...mátannos....Supong que conoceis la estúpida polémica sobre la foto. Parece que la mujer retratada, por mucho que aportase al pensamento e al feminismo (nos guste o no) non tenía que haber tenido cuerpo de mujer, ni beber los vientos por ningún hombre, y por supuesto no tenía que mirarse al con esa complacencia. Lo de siempre. El caso es no liberar a la mujer de la jaula mental construida durante siglos por los más admirados individuos de nuestra especie. De puta a estrecha, de cero a cien. La instrumentalización del corpo femenino siempre es despreciable, pero que lo hagan desde estos medios tan relevantes e supuestamente críticos muestra lo lejos que estamos de conseguir niveles de igualdade medianamente aceptables.
Máis inf.: Simone la scandaleuse, Relación entre sartre y Simone (El País)
Estos días se incrementan vergonzosamente los asesinatos de mujeres. De momento estas víctimas non son ni siquiera instrumentalizadas por los partidos políticos porque estos muertos aún no gozan del mismo valor que los de ETA, pero a todo llegaremos....
Si escribimos...nos matan...Si denunciamos....nos matan ...Si hablamos...nos matan...Si callamos... nos matan....Si (completa con lo que quieras)...nos matan....
lunes, febrero 25, 2008
Dádelle á lingua...
Para que las mujeres musulmanas se liberen de la tiranía de alás, mahomas, mohameds, mustafás, etc., etc., etc., y disfruten del sexo. Aqui os deixo el documental que costó la vida a Theo Van Gogh ¿alguien e acuerda? (Gracias A.)
domingo, febrero 17, 2008
Antídoto contra o consumismo.
Los vigueses corremos estos días hacia el nuevo moloch do consumismo abarrotando las calles de nuestra ciudad cegados por el resplandor amarillo/bermellón (¡que poder mágico el de esta combinacion de colores!) de una publicidad chusca que asquea a cualquier persoa medianamente inteligente. Contra este narcotizante poder del consumismo salvaje recomiendo la Etica del Consumo de Adela Cortina. Ir de compras no tiene nada que ver con ir a la compra, es muy fácil comprender la diferencia, pese a todo, en este comportamiento tan primitivo de confundir el medio con el fin se encuentra una buena explicación de la gran cantidad de errores y estupideces que cometemos a diario.
miércoles, febrero 13, 2008
¿cada quen ocupa o lugar que lle corresponde?
El hermoso blog de la Pícara de Allegue me recuerta esta foto que hice un día en mi lugar de trabajo. Contando con que sabeis el donde se hizo la foto podríamos hablar de cosas muy variadas. Podríamos hablar de surrealismo, de la flexibilidade en el uso de los espacios naturales, de la importancia del ganado autóctono en la universidad, do increíble descenso del número de alumnos, del empoderamento de los borregos, de la contribución de la arquitectura de autor a la socialización y por suposto deberíamos preguntarnos se cada uno ocupa el lugar que le corresponde...pero no vamos a hablar de nada de esto, veamos tan sólo una imagen sorprendente y reflexionemos un puco...
martes, febrero 12, 2008
Pasatempos ecolóxico-cultural...
Que vala este post como lembranza daqueles días no que o monstro regurxitou a súa fartura.
jueves, enero 31, 2008
De pollas y de arte...
[Foto:Gárgola do mosterio de San Martiño Pinario.Aser A. Fdez.
E falando de pollas e de arte, que era o tema do post, aquí vos deixo un artigo tan interesante como o seu título: La polla de Cervantes. Consideraciones sobre cómo la remetería y que pajillas echaría, de Fernando Iwasaki, ao que chego, como moitas veces pola vía do interesantísimo traballo do repositorio InfoEditexto.
martes, enero 29, 2008
¿censura vs.democracia?
Máis información: mundogaliza rebelión.org.
sábado, enero 26, 2008
Benvida a Galería Chroma en Vigo.
Os crimes de Oxford...
jueves, enero 24, 2008
Pasatempo vangardista....
viernes, enero 18, 2008
Arquivos, bibliotecas, museos....
Este post adícollo a tódolos que falan por non estar calados. Vostede xa me entende. Hai pouco debatía eu cun convencido nacionalista sobre a situación e desleixo desta nosa cidade pero non hai nada que facer cando non se quere ver a realidade. Asegurábame este meu interlocutor que Vigo non tiña eiva algunha no tocante á infrarestrutura bibliotecaria. Lémbrame a un vello coñecido que, cando o do Prestige, e coas pernas totalmente enchoupadas no chapapote me dicía aquelo de "Petróleo, petróleo, yo no veo petróleo por ninguna parte, manía que le tienen a Rajoy". Semella unha viñeta do mestre ¿non si?
Que Vigo é unha cidade marxinada tamén no tocante a dotación bibliotecaria o saben ben tódolos estudantes que fan cola nas escasas salas de lectura de que dispoñen.
Méndez Ferrín o conta aquí con esa súa fantástica prosa coa que nos agasalla a diario. Pola contra, no Campus da Universidade hai espazo de sobra e as bibliotecas universitarias están moi ben dotadas de todo tipo de recursos (revistas, bases de datos, libros, etc.) e moitas veces infrautilizadas por mor da caída no número de alumnos.
P.D. Tardei tanto en publicar este post que xa saiu a segunda entrega do artigo de Méndez Ferrín mais o comentario sempre atinado de Brétemas. Boa fin de semana a todos.
miércoles, enero 16, 2008
Os curas protestan.
fogados...esa si que é boa, afogados, eles os representantes dunha institución que leva milenios chuchando dos máis pobres, eles, os máis perniciosos axentes de subdesenvolvemento, os que sobreviviron vendendo indulxencias, avasallando ao pobo. Semella que lle están a ver as orellas ao lobo, seica cada vez somos máis os que rexeitamos o fanatismo dunha clase que quere seguir vivindo do aire...en fin. Como antídoto aquí tendes unha boa lectura. Neste precioso libro B.Russel atina coas respostas ás cuestións máis sinxelas que adoitan ser tamén as máis problemáticas. As persoas máis escépticas nesto da relixión adoitan ser tamén as que amosan más coñecemento. ¿coñecedes a moitos cristiáns que lean os textos sagrados e se molesten en cotexar datos e plantexarse preguntas?domingo, enero 13, 2008
O curruncho do CanSenDono
martes, enero 08, 2008
Egipto II: As xentes
[Solé, Robert. Diccionario del amante de Egipto. Barcelona: Paidós, 2003]
A foto foi tomada á saída da mesquita de alabastro. Podedes ver unha desas ocasións en que os cativos abranguían aos nosos fillos. Foron momentos inesquecibles.
martes, enero 01, 2008
Exipto I: Giza
Pois ben, para empezar, Giza e as Pirámides. Da espectacularidade destas construccións non vou dicir máis do que xa sabedes, pero, como dixo Kapuscinski falando da Grande Muralla chinesa, ¡canto tempo, vidas e recursos soterrados! Cando mellor tería sido adicar todo este esforzo no desenvolvemento e alimentación deses pobos. Tiven a sorte de quedar máis tempo na meseta de Giza porque tiña mercada a entrada á pirámide de Kefrén e Hamada, o meu guía, aínda que un pouco a disgusto (ás veces amosaban unha certa preocupación por nós) deixounos quedar alí pola nosa conta. Grazas a esta "escapada" puidemos ver o outro lado das pirámides, afogadas por batallóns de autobuses turísticos que chegan case ata a mesma entrada. Tamén me deixou abraiada ver tantas persoas escalando estes monumentos, práctica que eu daba por desaparecida dende o século XIX, na que seguro teñen moito que ver todos eses policías turísticos totalmente analfabetos encargados de roubar, oficialmente, eso si, aos distraídos turistas que se lles poñen a tiro (hai milleiros de anécdotas curiosas sobre estes tipos e o seu modus operandi). Pois así de lamentable atopamos o entorno de las pirámides. Outra cousa ben curiosa, e esta teima por erguer muros coma este de Giza. Barreiras para agochar unha pobreza que non se pode ocultar, malia o capriño dun goberno que só quere amosar unha parte do seu espléndido país. Porque a beleza non está só no patrimonio material, tamén está no sorriso e e xentileza desta xente esaxeradamente pobre, sumisa e incomprensiblemente feliz. Pero disto falarei outro día.
Recoméndovos ler estes post co fondo musical da mágnífica voz de Umm Kolthoum, a María Callas de Oriente:

