(foto: rebelados)
Xa vos teño informafo do
conflicto que me ten ocupada estes días. Pois seguimos nela. Levamos xa 18 días de pecha e aquí non pasa nada.
O Reitor nas derradeiras declaracións á prensa como un autentico pasota "ese no es mi problema", o xerente segue de baixa e o seu amanuense, vicexerente en funcións chama ao comité de folga para pedir un adiamento da reunión na que tiña que presentar unha proposta porque di que quere facer unha cousa seria.
Si, para partirse de risa. Aos cidadáns ten que facerlles moita graza que este xerente que non xestiona cobre cada mes 7000 EUROS por levar dous anos negociando un convenio sen chegar a unha solución, ao mellor tamén lle pagan tanto por ser quen de manter no seu cranio privilexiado tódolos detalles dunha contabilidade que moitos non se explican (segundo un comentario neste blog nin o propio Consello de Contas da Xunta) dende hai tempo, en fin, máis do mesmo. A cultura do pelotazo non rematou coa entrada no trullo de Don Mario. A xente pensa que protestamos de vicio. Si, sobre todo os conserxes, auxiliares de servizos, bibliotecarios, auxiliares de deportes....porque para acadar as nosas prazas tivemos que superar procesos tan doados como ofertas dunha, dúas, seis prazas e competir con outros seiscentos, e cobrar 800 euros, e non poder promocionar, e ver como as nosas prazas se precarizan e ata pasan a chamarse "apoio ao campus", que é a forma políticamente correcta de dicir "hoxe aquí e mañá alí", e ata "hoxe aquí e dentro dun rato vas para alá", ou que os bibiotecarios fagamos de gardas de seguridade e teñamos que dicir NON cando nos pidan un libro e limitarnos a prestar folios, mandar calar, regular o aire acondicionado ou prender luces....para iso tivemos que aprender tantas normas ISO... iso sí, temos CERTIFICADO DE CALIDADE, que é o que mola e está de moda....Disculpade o cambio de tendencia no blog, en pouco prometo voltar a casa...