O DESCENDEMENTO DA CRUZ
O abandono do bloqueo é como o descendemento da cruz. Hoxe o Líbano queda libre do bloqueo ás 6 da tarde. Por fin liberados.
L.Ghorayeb 06 sep. 06
Aínda que admiro profundamente a estes debuxantes non sentiría nadiña que estes debuxos desapareceran se fose porque deixasen en paz ó Líbano. Hoxe temos un motivo de ledicia coa noticia do levantamento do bloqueo, mágoa que este país teña que sufrir durante tanto tempo o conflicto árabe-israelí que ademáis non parece que poida terminar nos próximos séculos. Sería preciso aplicar as derradeiras medidas contra a marxinalidade do infame Toni Blair e evitar o nacemento dos que seguramente van terminar sendo terroristas...
¡moita sorte ao Líbano!
2 comentarios:
Se queres un blog para flipar un rato co tema israelí pasate por
http://herutx.blogspot.com/
Moitas grazas polo enlace, estiven botando unha ollada e em principio paréceme un blog só para a defensa da de Israel, interesa atopar voces o máis obxectivas posibles, xa estou un pouco cansa do unilateralismo...hai que escoitar cando menos ós que máis están a sufrir que nestos momentos son os inocentes libaneses. Un saúdo.
Publicar un comentario