lunes, octubre 23, 2006

La mirada Ulises.


Hai agasallos que malia custar pouco ou nada, procuran moita felicidade. É o caso das recomendacións dun bo libro ou dunha película como La Mirada de Ulises. Imaxino que moitos xa a coñecedes, pero para aqueles despistados que coma min non se enteraron no seu momento, aquí vai o recordatorio. Non me atrevo a facer un resumo, nin sequera un comentario. Sería como facelo da Odisea de Homero ou do Ulises de Joyce. Imposible. Son obras que en sí mesmas conteñen toda A Historia. Descubres que esa intuición que tiñas de coñecer xa o fin da película (a da vida) é real e non un pesadelo. Polo que se refire aos aspectos técnicos, só podo dicir que pagaría a pena ampliar cada fotograma e poñelo na parede da túa habitación.
Gracias á miña compañeira Ana Celia pola recomendación, tardarei en atopar unha moeda tan valiosa para agradecerllo.

1 comentario:

torredebabel dijo...

pois graciñas, porque eu son do bando dos despistados e agora sinto que teño algo valioso nas mans... Graciñas! ainda que non sempre deixe comentarios (moitas veces non teño nada intelixente que engadir ao que dis... bueno, sempre diría) paso a cotio por acá!