miércoles, abril 18, 2007

A educación sentimental...en Virxinia (USA) por exemplo.



O auténtico terror. Ver o que son quen de facer as xeracións de rapaces perfectamente adestrados nas tecnoloxías máis avanzadas de violencia. Terror ver a tantos pequenos enganchados a estes ¿xogos? nos que se aprende a matar haitianos, por exemplo. As demandas
que teñen presentado os pais das víctimas (¡que curioso, o de víctima é xa un colectivo consolidado nas nosas latitudes!) non molestan a unha poderosísima industria ¿do ocio? que está a formar aos encargados da aniquilación da especie e que xa están facendo das súas repartidos polo ancho mundo ¿que precisa reflexionar sobre todo esto? Eu voume conectar á miña Play que tamén a teño, aínda que só para ver deuvedés de cine clásico para embrutecerme.
Máis información: Blog de Bryce, estudante da U.Virginia.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non me creo nada do que está a saír na prensa, non sei, unha soa persoa, actuando ao longo de toda unha mañá sin que se pecharan as portas do recinto...da medo pensar o tolos que están e como di algún o peor e que non o saben, e como todo o que eles inventan non tarda en chegar pois teremos que prepararnos para todo esto.

Anónimo dijo...

Oxalá a cuestión fora tan simple como botarlle a culpa os xogos. Qué os nenos xoguen a atropellar a alguen ou a polis a terroristas non ten porqué ser malo. Outra cuestión e que existan xogos fascistoides e racistas, que non deberian estar no mercado. Un xogo non fai de ninguén un violento asasino. As taras están na sociedade, non nos xogos.

Ana Bande dijo...

Non é simple, trátase dun complexísimo e eficacísimo sistema no que imperan os valores económicos e de productividade do que estes xogos son un magnífico exemplo. A mercantilización do ocio e a consecuente deshumanización e falla de sensibilidade traen consecuencias nefastas que estamos a ver cada día. Xa ninguén precisa facer literatura de terror, os xornais para unha persoa medianamente sensible son unha lectura insoportable. Quico Cadaval remata sempre o seu programa radiofónico con estas verbas "....a agora o auténtico terror, as noticias na Radio Galega...".

Sirena dijo...

Hola Ana... asumo que sabés español porque tenés mi enlace (cosa que me emociona mucho porque para eso estamos ¿no? para encontrarnos donde sea que estemos).
Tenés razón en la crítica. Después de todo el hábito de matar y asesinar en un juego, especialmente en la edad en que los niños están construyendo su realidad, tiene relación con todo esto. Por supuesto hay muchas otros factores... en parte esta cultura de aplaudir a soldados, a hombres armados hasta los dientes... y después esperan criar seres humanos

Sirena dijo...

¡esto es galego!!!! (nunca me había topado con tu idioma)