martes, abril 10, 2007

Saudar a vida de Xavier Seoane. Un ensaio poético.

Saudar a vida de Xavier Seoane é un deses textos que parece que levas agardando dende hai moito, por necesario. O desprezo pola cultura ensáñase a cotío coas humanidades, Saturno segue a engulir aos seus fillos e xa era tempo de que alguén, e ademáis da casa, falara alto e claro. Nunca me considerei con aptitudes para a docencia porque perdo a paciencia doadamente cando hai que explicar as cousas máis sinxelas que xa terían que vir dadas polo menos común dos sentidos. Mais afortunadamente Xavier Seoane amosa unha grande capacidade como mestre lembrándonos a necesidade dunha volta a esa racionalidade da que facemos gala os europeos malia ter esquecido con tanta facilidade a cultura clásica e as bases do noso pensamento. A crítica ás humanidades ven de lonxe, porque tampouco é novo o sistema de alienación que se basea na formación como ferramenta para a creación de individuos acríticos e sumisos que simplemente participen como "consumidores" na Sociedade do Coñecemento (somos a cultura do oxímoron ¿ou non?). A tradicional división de Ciencias da Natureza / Ciencias Humanas, ou en versión máis vulgar Ciencias / Letras é unha vella construcción que ten estragado o desenvolvemento e nos ten achegado a este perigoso estado de constante ameaza de extinción da propia especie. Un ensaio poético, co que X. Seoane inaugura un novo xénero. A forma tamén ao servizo da idea porque así como unha rosa posúe tanta beleza no campo como vista cun microscpio, este libro tamén ten a grandeza e a beleza dun bo ensaio e un bo poema. Lectura obrigada.

5 comentarios:

torredebabel dijo...

tomo a suxestión que, dende logo, chega dunha fonte que non deixa de fascinarme.

Ra dijo...

Apunto.
Mua!

Anónimo dijo...

Antes de ler este novo ensaio de Xavier Seoane, é moi recomendable lerlle "O sol de Homero"

Ana Bande dijo...

Grazas anónimo ten vostede toda a razón, O Sol de Homero tampouco ten desperdizo...unha xoia!

Anónimo dijo...

Estou convencido que "Saudar a vida" é unha obra inmensa como todo o que poetiza o mestre da palabra e do pensamento que é Xavier. Porén, coincido cos contertulios nas recomendacións ensaísticas sen menoscabo da grandiosa arte versificadora de títulos como "Dársenas do ocaso" ou "Vagar de amor e sombra", entre outros. Eu tamén "devorei" "O sol de Homero" que me parece do máis atractivo (por revelador) de canto se ten publicado no país en moito tempo, sen ningunha dúbida. Irei correndo tras ese saúdo á vida que ilumina.