martes, abril 03, 2007

Serendipia. Nova revista galega de comunicación e cultura.

Texto publicado en A Peneira.
A editorial Dardo DS, con sede en Santiago, inicia un novo proxecto literario coa revista galega de comunicación e cultura Serendipia, recén presentada en Compostela. Trátase dunha publicación bimestral bilingüe que aborda "con independencia e pluraridade de opinións" a realidade cultural galega, segundo explicou o seu director, o xornalista Xoan Barro, coñecido locutor dos informativos territoriais de Televisión Española é "rescatado" así polo seu fillo David, responsable da editorial.Segundo Barro o proxecto nace dunha "necesidade individual e colectiva", por unha banda, de que existan "publicacións independentes", e por outra, "loitar contra o silencio intelectual".Cun coidado deseño gráfico e con colaboracións de xornalistas como Xosé Hermida, Luisa Castro, Luis Vázquez-Pena, Sonia Vizoso ou Pablo G. Quintas, Serendipia conta ademais coa participación de artistas como Fran Herbello, poetas como Daniel Salgado, arquitectos, como Xerardo Estévez, ou críticos de arte e literatura como Alberto Ruiz de Samaniego ou Dolores Vilavedra, entre outros.Deste Xeito, a nova revista "procurará o debate" ao tempo que "une sectores da cultura e idiomas" presentes na comunidade galega, segundo explicou David Barro. Este primeiro número terá unha tirada de 5.000 exemplares que serán distribuídos por kioscos e librerías, dirixidos principalmente a un público "maior de 25 anos que busca algo diferente".
Veño de botar unha ollada ao exemplar que deixou agora mesmo un mozo na biblioteca (que me pareceu por certo David Barro) e paga a pensa seguir a pista desta revista.

3 comentarios:

Unknown dijo...

cando vaia por galicia seguro que lle boto un ollo á revista e tamén á ponte sobre o drina. menos mal que existe internet e persoas coma ti que nos permiten saber que na casa acontecen cousas interesantes!!!!
por certo ana, es moi amable comigo.
gracias!!!

torredebabel dijo...

A ver se temos algo de sorte e a Consellería de Cultura trae alguns numeros para vender na Feira do Libro... ogallá porque como sempre presentas as cousas cun talento que me fai quedar enganchadísima!

Anónimo dijo...

Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
Saúdos


Robert