Para os avaliadores,
para os que non precisan ser avaliados,
para os farsantes,
para os gañadores,
para os mentireiros,
para os que agachan as súas eivas baixo siglas de partidos e sindicatos,
para os que ollan como traballan os demais,
para os fachendosos,
para os que prometen...
para min tamén...
[Para Manuela e José]Da vosa viaxe ao Caribe quédome con esta imaxe. Primeiro polo impacto visual e a forte expresividade da foto e segundo porque me serviu para coñecer o Carnaval de la Vega.
7 comentarios:
Volviches! Como foi ese exame?
Apertas e demais!
Demasiado ben, Belukiña, un exame doado de máis, e polo tanto moi inxusto. A xente que leva anos estudando pode quedar por baixo de persoas que non miraron nin o programa, pero xa te contarei máis de vagar, ti segue traballando duro e aprende moito. Muac!!!
a foto ten forza, ten. O carnaval é un acontecemento (non diría exactamente festa) que tenme engaiolado dende rapaz. Non falto un ano o de Xinzo. É sen dúbida a mellor época do ano. Cómese que nin diola e de trula todo o día. Pódese pedir mais?
¡Qué pasada! (O Entroido é a hostia)
Impresionante foto e desacougante... o pesadelo deixase sentir.
Desculpa a pregunta. Es a Ana Bande que estudou nas Lagoas e facía teatro?
Me encanta!
Publicar un comentario