Volvo deste retiro non desexado no que me atopo porque hoxe houbo dous feitos que me emocionaron. Un foi esta portada de "El País". A imaxe de Alexander Solhzenitsin sempre ten a forza da Medusa, un queda literalmente petrificado logo de ollar unha foto súa. Pero este primeiro plano do xornal fixo que hoxe tardara case dez minutos en abrilo. Dúas miradas, dúas figuras, dous séculos. Estamos no "todo vale", non cabe dúbida. Xa ten delito ver a sinistra figura de Putin, o perseguedor, entregando un premio ao perseguido. ¿sodes quen de adiviñar o que nos din os ollos de A.S.? Ben seguro que nos están a lembrar que voltemos a pegar nas paredes as portadas do Arquipiélago Gulag e os posters do Ché, que miremos de novo O Declive do Imperio ou a súa versión moderna, que temos que ler a Primo Levi, que escoitemos a Dylan...
Este é precisamente o segundo motivo deste post, o premio Principiño a un dos máis grandes, e que aos seus sesentaetantos segue na teima de mudar o mundo, pois vaia por todos os dylanitas e sobre todo o seu máis sobranceiro representante no blogomillo.
7 comentarios:
Impresionante a foto, si. Alédome moito de que ande por aquí, señora.
Bicos.
Parabéns para todos os dylanitas e para os que van chegando e inda chegarán canda nós.
O blo +dylan nin é nin quere ser sobranceiro. Non quere ser máis ca un punto de encontro, unha barra de bar, unha cañita, un pinchiño digno e conversa agradable a conta do palizas do barman.
Estiven olleando o teu blog todo en xeral e realmente aporta moita cultura e información. Os meus parabén Ana!
Bicos
Yoli
A foto é impactante.Comparto a túa reflexión sobre o que transmite...coídese
Por qué has borrado mi comentario?
Publicar un comentario