O etanol ¿un combustible ecolóxico?
Outra magnífica demostración de progreso. O combustible ecolóxico é la solución ao problema enerxético dos países ricos. Aí están os de sempre para machacarnos diariamente coa fotiño dun novo e ridículo coche ecolóxico. Temos que mergullarnos na complexa rede de desinformación para decatarnos do sinistro significado deste novo "paso adiante" dun bípedo cada vez máis estúpido e asasino. Numerosas masas famentas dos países pobres van deixar de ser un problema porque simplemente, van morrer todiñas de contado. As terras nas que agora sementan o maíz que consumen van ser reconvertidas en réxime de monocultivo para producir esoutras cousas que non se comen pero que van procurar que cada un dos 150 millos de coches dos USA, por exemplo, fagan case de balde os 2800 kilómetros que lle asegura unha toneladiña de combustible ecolóxico. Iso sí, o cambio climático vai cambiar de verdade, nada de inundacións esporádicas ou advertencias sobre un centímetro máis arriba no nivel do mar. A desaparición dunha vez por todas da masa forestal que queda vainos procurar cambios climáticos en vivo e en directo, iso, acción, acción.
Bonito libro para descargar en pdf 'El ambiente siempre está en medio', de Antonio Fraguas Forges y Joaquín Araújo.
Bonito libro para descargar en pdf 'El ambiente siempre está en medio', de Antonio Fraguas Forges y Joaquín Araújo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario