Na lingua das bolboretas fíxome chorar a escena na que o neno colle unha pedra para facer o que os demais...por se acaso, porque se te levaban preso sería por algo, poero había unha grande diferenza
nos insultos, o rapaz berrábache ¡espiritrompa! ¡ornitorrinco!...había pouco que aprendera contigo eses deliciosos nomes e agora esas verbas tiradas contra ti son unha grandiosa metáfora do que ocorría no país, do que lles pasaba aos pobriños mestres que ían sendo "retirados" daquela oscura escea. Agora marchas ti, o mestre de verdade, agora que tanto precisabamos da túa afouteza para mandar á merda aínda a tantos coitados que andan disumulando a súa mediocridade e dando a murga todo o día. ¡que enormidade de persoa levabas canda ti! ¡que ollada tan profunda e sinceira! ¡e esa voz que sempre nos escachaba algo por dentro! O tempo amarelo rematou, agora, como a túa avoa Carolina és terra, lume, auga, choiva, e foches tan grande coma ela, tan grande como as oito habitacións daquela túa casa, tan grande como a eternidade da súa lembranza....non podo seguir.
6 comentarios:
A esecan final de A LINGUA DAS BOLBORETAS é magnífica porque resume en si mesma toda a historia da guerra civil e o longo franquismo: a aprendizaxe do odio, o odio como motor da historia, o odio transmitido de xeración en xeración, o odio que só remataría o día en que foi enterrado, xa saben quen, baixo unha pesada lousa do Valle dos Caídos.
Con moitçisimo agarimo gardo coma un tesouro os vellos libros, a algún deles tamén antigos, que o meu abó utilizaba nas clases que impartía primeiro no precioso pobo de Vilanova de Lourenzá e logo na capital de Ourense. Efectivamente falaban dende a festividades populares ( maios, entroido,...) ata a era dos dinosaurios, carpintería básica, Homero,ludus infantís,pedagoxía, educación, aritmética e cálculo,física, botánica,biblioteconomía,educación física... eu que sei a de campos que se labraban naquelas clases.
Por certo, e dado que noutra entrada a "Zangolotina" de Ana Bande mencionaba as dedicatorias e autógrafos nos libros algúns destes están asinados por Couceiro Freijomil que exerceu en Lugo antes de trasladarse aos mmadriles.
Pois meu benquerido e prezado señor da madeira espero que un día destes me deixe ver esos preciosos exemplares...
Aínda que da vostede por sentado o meu xénero masculino teño a ben decirlle sendo unha "fiera currupia camo son tería a ben facilitareille toda a información e curiosidade que precise vostede iluminar. Faltaría máis.
Eu tamén me emocionei con esa escena final da película.
Fermoso e sentido homenaxe.
Publicar un comentario