viernes, noviembre 09, 2007

Madrid ben merece un meme

Este derradeiro meme das oito cousas que anda polo blogomillo xa non deixa moito espazo para a orixinalidade logo das vosas magníficas contribucións, pero non quero por nada do mundo rexeitar o convite do prezado Arume, así que aproveito aínda máis a miña visita madrileña para contarvos as ¿oito? cousas que me fixeron reflexionar...

1. A arte na rúa. Deliciosa manifestación artística, estes homes/mulleres estatua que desafían o noso caótico senso da percepción. Dalgún xeito fan que o acelerado cidadán sinta o irreflenable desexo de pararse de socato e enfocar axeitadamente a vista, o oído e ata o tacto.


2. Violencia na rúa. Esta é a outra cara da moeda. Non hai foto. non era momento. Na rúa máis concurrida de Madrid, un home comeza a bater nunha moza que demorou de máis os seus saloucos. As imaxes das arrepiantes esceas de Barcelona semellaron acordar simultáneamente a moitos pacíficos cidadáns que nun momento daban conta do agresor e o entregaban ás autoridades. Moitas testimuñas coincidían en que miraran a agresión, outros semellaban non ficar seguros da veracidade dos feitos. Velaquí unha consecuencia quizais da confusión na que nos somerxe este xogo continuo de ficción/realidade.

3. Paula Rego. Hai que vela, non hai na lingua verbas para describir a forza que transmite unha pincelada que debuxa un aceno de odio, de desexo, de solidariedade, de insubmisión, de orgullo, de humillación, de amor.



4. Imponente cola para entrar no Museo do Prado. Somos cidadáns ben mandados, non hai dúbida. Unha boa campaña publicitaria e aguantamos estoicamente as horas que fagan falta para lexitimar coa nosa presenza a importancia dunha actuación que ten moito máis de política que de artística. Eso sí, se temos en conta outros fenómenos masivos como o fútbol, unha ledicia ver tanta xente famenta de cultura.



5. Starbucks conquista España. ¡atención! as colas interminables na capital non están só no Prado. O derradeiro fenómeno de invasión ¿cultural? é o Starbucks. Debe ser o máis cool afacerse a cafeína e deitarse un tempiño nos agarimosos "chaise longues" deste McDonals do café. Barato non é, pero como te chaman polo teu nome para servirte unha exótica variedade de café nun vaso de deseño que conserva o líquido quentiño para que poidas ficar lixeiro, pois aí estamos, facendo cola nun café, iso si, en facenda xa non hai que agardar nadiña, aténdente rapidísimo.


6. Bruno Schulz. Exposición no Círculo de Belas Artes. Este é un deses "raros" que non acougaron nunca porque a súa ollada traspasaba a realidade, son eses seres que ven máis alá, miran a morte directamente aos ollos e como tamén son extraordinariamente bos e xenerosos, non queren arruinar a nosa felicidade e calan, ou escriben sempre como xogando ás agachadas, e case sempre morren cedo, por propia iniciativa ou coma valentes, poñéndose diante do xenocida para que lle fure esa maldita cabeza que non lle para de doer.

7. Reclamacións no Metro e en Iberia. Que en Madrid tes que ir coa billeteira entre os dentes todo o día o sabedes todos, pero o do timo da T4 xa puido comigo. Xa sabedes de que vai, ti pagas o teu euriño para entrar no metro pero cando chegas á famosa termiñal, non podes entrar sen pagar suplemento. Pois que o digan claramente, "tarifa para costear las obras de reparación de la T4 a causa del atentato de Eta". E logo os de Iberia, estes comen aparte. Logo de pagar ben caro o teu high cost e de sufrir, como non, outra longa cola para facturar , mándanche a unha máquina. Máquinas no metro, máquinas no aeroporto, máquinas expendedoras absolutamente de todo. Por favor merquen xa a máquina de autopréstamo para a biblioteca tamén, así non teño que soportar o desagradable contacto con eses estúpidos seres humanos....medo me da todo esto.

8. Música na rúa. O contrabaixo sempre é precioso, pero así, na rúa, deitado á sombra, a carón dun compañeiro de fatigas que xa ten remendos de máis ¿nos vos parece uhna imaxe moi romántica?

P.D.:¡APICULTOR!, gustaríame moito que fose vostede quen de recoller o testigo deste meme. Devezo saber máis de vostede, pero non moito para que non remate a maxia de súpeto e poida seguir imaxinándoo. Veña, anímese e cóntenos esas cousas que o emocionan e lle fan esquecer a razón. Poño a miña casa ao seu dispor, ata lle facilitaría o contrasinal con tal de ver unhas verbas súas noutro lugar que non foses os comentarios de tantos blogs que vostede visita e enriquece coa súa ollada crítica.
VAILIMA, ya lo sabes, eres mi ídolo en la web artística, te paso también el testigo, aunque no quiero darte trabajo para no quitarte ni un minuto de tiempo y nos sigas regalando con tus sorprendentes artículos.
Señor R.R. ¿pero é que vostede aínda non participou nesta rolda? Veña, esqueza por uns segundos que é vostede o noso admiradísimo PNLD e escriba esas oito cousas polas que estaría disposto a perder a cabeza.

17 comentarios:

Vailima dijo...

Es una de las esculturas humanas mejores que he visto. Lo cierto es que ni parece un humano.
Lo del Prado lo ví en la tv el otro día. La verdad es que echa para atrás. Tenía previsto acercarme a Madrid en diciembre pero mejor me lo pienso o empiezo a hacer cola ya desde ahora.
un abrazo y feliz fin de semana.

Anónimo dijo...

Estusiásmame Paula Rego desde que vin unha antolóxica súa en Lisboa haberá cousa de vinte anos.

Anónimo dijo...

Tiña que asinar eu!

Ana Bande dijo...

¡APICULTOR!, gustaríame moito que fose vostede quen de recoller o testigo deste meme. Devezo saber máis de vostede, pero non moito para que non remate a maxia de súpeto e poida seguir imaxinándoo. Veña, anímese e cóntenos esas cousas que o emocionan e lle fan esquecer a razón. Poño a miña casa ao seu dispor, ata lle facilitaría o contrasinal con tal de ver unhas verbas súas noutro lugar que non foses os comentarios de tantos blogs que vostede visita e enriquece coa súa ollada crítica.

VAILIMA, ya lo sabes, eres mi ídolo en la web artística, te paso también el testigo, aunque no quiero darte trabajo para no quitarte ni un minuto de tiempo y nos sigas regalando con tus sorprendentes artículos.

Señor R.R. ¿pero é que vostede aínda non participou nesta rolda? Veña, esqueza por uns segundos que é vostede o noso admiradísimo PNLD e escriba esas oito cousas polas que estaría disposto a perder a cabeza.

Ra dijo...

Muy, muy chulo.
Mua

Anónimo dijo...

A ver se de paso tamén hai máquinas para cargos académicos e largamos aos que temos e non me tiras da lingua ;)

Ana Bande dijo...

Cargos académicos, defensores do pobo, concelleiros varios, asesores, técnicos de calidade, técnicos de reingeneering, sobran tantos chupatintas amigo Arume....pero conte, conte, ¿cal foi a derradeira falcatruada que fixeron os catedráticos da boina?

Anónimo dijo...

¿Qué ten contra o fermoso deporte do fútbol?

Dicía o Saramago cando sacou a novela aquela do alfareiro (non lembro o título, síntoo, pero si recomendo a súa lectura) que nestes tempos podemos sobrevivir sen dirixirlle a palabra a outros seres humanos. As nosas cidades son un exemplo. O Saramago díxoo nunha entrevista magnífica na que tres veces seguidas ó comezo corrixiu a Sánchez Dragó nas súas breves preguntas soltándolle tres rotundos "Nâo". Mágoa de ligazón ó vídeo.

Sobre o dos memes e cadeas, xa sabe que son un pouco "anti" pero é que, ademáis, non acabo de entender como vai este e xa hai por aí respostas boísimas. (A túa éo). A ver se o apicultor se anima

Bicos.

Anónimo dijo...

Ademáis, eu perdería a cabeza por cento cincuenta mil cousas...

Anónimo dijo...

Moi agradecido, prezada amiga Ana, pola deferencia que supón solicitar a miña opinión sobre o asunto que andan a tratar. Son de seu pudoroso, polo que falar do que realmente me emociona (ante todo e sobre todas cousas) sería desnudar a miña intimidade. Éspero que comprenda a miña negativa e que non a tome por descortesía nin por soberbia. Fágase á idea -acertada, polo demais- de que o que eu puidese dicir apenas diferiría do que poida dicir calquera de vostedes. En certa medida, pódese afirmar que hai un "universal cultural" no referente aos primeiros items. do meme.

E aínda que ultimamente teño frecuentado máis blogs do habitual, adoito concentrarme sobre todo nun e máis esporadicamente en tres. En poucas ocasións poido deixar pegada do xeito que vostede tan amable como esaxeradamente sinala.

Profundamente agradecido (e máis aínda: conmovido) polas súas cariñosas e atentísimas palabras, reciba un cordial saúdo deste seu seguro servidor, ao tempo que lle desexo un bo día de San Martiño, patrono da súa querida heimat, á que sempre hai que volver.

Nuca dijo...

aproveitou ven a viaxe a capital do reino...

Nuca dijo...

perdón pola falta

aproveitou BEN a viaxe

Ana Bande dijo...

Querido apicultor, a súa resposta está á altura do súa maravillosa non presencia...sempre me sentín atraída polo misterio do voyeurismo e aínda que non veña por aquí a cotío sempre imaxino que está aí, detrás dos bits, e o imaxino cun sorriso irónico disfrutando destas pseudo tertulias virtuais que nos entreteñen aos que queremos mudar o mundo dende un miserable teclado. San Martiño non me di nada pero unhas poucas castañas sí que tomarei a súa saúde. Aproveito tamén para agradecerlle o consello, o poema de A.Gingsber é sinxelamente grandioso.

Occam, asegúrolle que cando o leo non teño tempo para mirar faltas de ortografía, eso déixollo ao Torquemada da idem.

RR. do fútbol, nada en contra, faltaba máis, foi un xeito torpe pola miña parte para amosar o meu desacordo polo comportamento borreguil.Aproveito para dicirlle a vergonza que me da que na casa do libro teñan o libro do Boris Izaguirre empapelando todo o local e do seu nin un exemplar. Xa cumprimentei a miña queixa, non faltaba máis, e mandareille copia. Paréceme, bueno, vou calar porque estou moi cabreada con esto.

Anónimo dijo...

Eu son o ollo que todo o ve.

(Que máis quixera!)

San Martiño ten unha fermosa lenda que, como ben sabe, di que repartiu a súa capa cun méndigo que ía morrer de frío. Estaba, pois, pola xustiza social. Quizais non estaría de máis que os que queren mudar o mundo dende un digno teclado se puxesen baixo a súa advocación.

Desaparecidos os grandes relatos emancipadores, queda o individuo núo e a súa capacidade para conmoverse cos males que asolan aos máis menesterosos (queda a súa conmiseración en sentido estrito) e para actuar en consecuencia, non con grandes palabras, senón con feitos concretos, como fixo San Martiño. A palabra solidariedade xa non vale porque está gastada polo uso e abuso, prostituida por uns e por outros. Queda o individuo e a súa conciencia... cando a ten.

(Saiume un sermón en honor ao Santo. Eu que son precisamente un sen deus pero non un descrido, cando menos non totalmente)

Un cordial saúdo.

Ana Bande dijo...

As lendas, son eso, lendas, grandes mentiras inventadas polos poderosos para narcotizar aos escravos, non vaia ser que lles dea por pensar. Antes de poñerme aos pés de San Martiño póñome de rodillas perante o máis ateo da caverna, sonlle así de paranormal e mundana. No da desaparición dos grandes relatos emancipadores,non acredito, máis ben penso que son teimas postmodernistas para xustificar modas intelectuais, os grandes relatos, igual que as lendas, pois eso o Prozac das diferentes épocas.

Anónimo dijo...

Precisamente, os grandes relatos emancipadores son (foron) as lendas do mundo moderno, non o dubide.

Anónimo dijo...

Sr arume ¿Tivo vostede algunha vez algún cargo académico?