lunes, noviembre 19, 2007

Na Universidade de Vigo imos a máis.

A idea de festa rachada pensaba que era pasalo ben, coñecer moita xente, escoitar música, bailar, e mil cousas máis, e se cadra, beber, pero esta "festa" na que beber é obrigado, e tamén defecar no medio da rúa, arriscar a vida meténdose nun autobús ateigado de borrachos, ou o que é peor, coller o coche totalmente bébedo e sen medo a ningún control da policía, competir cada ano por incrementar o número de comas etílicos entre os nenos, destrozar mobiliario e edificios e sobre todo ter que presenciar o vengoñento concepto de ocio que vende esta nosa universidade, é algo que nou dou acreditado. Que a nosa universidade se coñeza no you tube porque uns borrachos interrompen as clases sen que ninguén o impida, por conflictos laborais que non se arranxan, por informes do Consello de Contas que acreditan a nefasta xestión desta nosa universidade e por tantas falcatruadas máis que non poño por non abusar, non e xusto. Agardemos que non haxa que esperar unha desgraza como un autobús que perde o control con ducias de mozos dentro para que se tomen medidas. As familias desdes vinte nenos seriamente danados agardan unha explicación.

7 comentarios:

SurOeste dijo...

O resultado dun cúmulo de conceptos erróneos aplicados á educación. Como que non se pode prohibir???

Anónimo dijo...

eu non estou por prohibir na de na. O que teñen e que reconducilos. Sease, a saber, O señor Reitor debería ter unha xuntanza coa Xunta e a Igrexa (Santa Sé) para darlle o mesmo pulo o Santo Teleco que a Santiago Apostolo. A igrexa non ía por problemas pois se é quen de facer beatos per tutti non vai oporse a xerar un novo camiño de peregrinaxe entorno o Santo Teleco.
1.Quén non quixo nalgunha ocasión sair de esmorga en Santiago de Compostela?
2. Quén non fixo o Paris Dakar a falta de ganas de facer o Camiño de Santiago?.
3. Qué mellor santo para unir o Saber e a alma.
4. Que mellor ocasión para unificar as tres Universidades nun novo proxecto de espacio común exportable a Europa.
5. Qué mellor recordo para todos -as os Erasmus que poderán contar nos seus países os periplos quijotescos vividos nas universidades do Finisterre.
Pois nada,que o señor Reitor da Universidade de Vigo propoña os seus colegas de Santiago e A Coruña celebrar os multiples santorales das súas facultades- e en especial o afamado San Teleco- na capital. E que mellor sitio que a Ciudade da Cultura e o monte Gaias para a xuntanza.
Cantos postos de traballo sse crearían de guías turísticos, enfermeiros-as,servizos de limpeza, policía municipal, autónoma e nacional,investigadores de cancro de fígado e hepatitis...eu que sei que desperdicio por falta de iniciativa. E queredes prohibir esto? Por favor,.....as oportunidades hai que visualizalas e planificalas a medio e largo plazo.

Anónimo dijo...

Pero deixade os rapaces en paz, oh! Qué queredes, que estean na casa vendo películas coreanas ou, non o quera deus, o documental de Al Gore?

Anónimo dijo...

dlh61 Ten toda a razón, os rapaces xa dominan o coreano dabondo e entre as súas ocupacións deben estar as troulas, o facer amigos-as,etc pois o paso do tempo o mellor nin tansequera lles queda a seguirdades social,as vacacións do inserso,etc...; carpe diem
Persoalmente nunca me gustaron as festas - de calquera índole-programadas antes ben prefiro o expontáneo e a non manipulación.
pero agora se eres expontáneo,fas e asinas unha obra de arte na rúa, venche un policía e meteche un paquete de 700 euros e para casa. E que o mundo da arte e a libertade sempre foi un tanto peculiar e de dificil compaxinación...
Lembro unha ocasión na que estando de troula en Málaga e tal e como facíamos de cativos, os varóns mexaron contra as paredes nun recuncho da ciudade. Non había ninguén, máis cas noivas dalgúns dos presentes.
O garda que parou a leiteira tomou nota do acontecido e explicou as leis e razóns que o avalaban máis a nosa resposta foi ben sinxela: na miña terra logo chove e non pasa nada, e as noivas xa están acostumadas.
non houbo xeito de quitarlle da cabeza a quel axente que o que facíamos era unha porquería e ademáis un escándalo público.
No Campus de Lagoas-Marcosende quería eu ver a aquel axente, íase inflar a tirar de tinta...

Nuca dijo...

Non vexo a ninguén capaz de impedir esta nova modalidade de festas universitarias

Anónimo dijo...

Pero é que non hai que impedilas, digo eu. A min gústame moito a troula e cando me tocou tamén vía dobre e mexaba onde cadrara. Agora tócalle a eles. Que o disfruten. Deixádeos en paz, xa dixen.

Nuca dijo...

pois iso, dlH61, non vexo a ninguén capaz.