martes, noviembre 06, 2007

Núñez Feijóo en Bussines Class...

Xa, xa, vos estades a preguntar ¿que ten que ver Núñez Feijóo con esta ilustración? ¿será que Mariano xa non lle pon e e marcha con zetapeta? ¿será que voltaron os aduaneiros a facer das súas? Ogallá, pero non amigos, simplemente foi cousa do google images, metín "Nuñez Feijóo" para ilustrar o meu post e saiu esto, ¡cousas da tecnoloxía!. Non me gusta nada a política, bueno, minto, o que non me gusta son os políticos, por iso non lles dou espazo no meu recuncho virtual, pero e que esoutro día no avión que me trouxo de Madrid, xúrovos que pasei un pouco de vengonza allea vendo a este noso politico el soíño en clase bussines fuchicando no seu móbil coma os nosos teenagers, mentres o resto do pasaxe desfilaba ao seu carón, na procura dos seus asentos. N.F. estaba alí sentadiño no recuncho reservado ao máis requintado da sociedade, marcando diferencias. Malia todo, a súa ollada reflectía un pouco de vergonza, e ata diría que era unha combinación de unha mala interpretación da fachenda que debe amosar un político de pedigree cunha miga de pesar por ter que ser así de chulo. ¡que falta de ignorancia!, diría Manquiña. Señor Feijóo, de verdade, sente canda nós, non teña medo, non lle imos cuspir nin pegarlle ningunha doenza, ademáis queda mellor, de verdade, aínda que sexa por quedar ben, métase no medio da xente e fale con ela. Unha viaxe de avión conversando cun viaxeiro seguramente lle daría máis información sobre o mundo que tódalas consultas que facía ou que facía que facía no seu celular.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Válghame Dios, outra vez. Pero como me pos 'celular'. Por outra parte, é unha característica intrínseca do poder dos políticos: estar no máis alto da torre de Elsimor. Home, tamén se lle pode dar por imitar a Macbeth,entón xa teriamos un problema

Anónimo dijo...

Pois mira ti que o tiven sentado xustiño ao meu lado (clase turista, por suposto, será que non quedaban prazas en business) e tampouco parou de fuchicar co móbil mentres puido. Iso si, non falamos , nin ganas que eu tiña. Iba lendo superinformes (da FAES?)aos que non conseguín botar un ollo para ver de que ían, jeje.
Susana

Anónimo dijo...

Disinto total e absolutamente da súa opinión.

Eu son partidario non de que Núñez Feijóo se sente con nós en clase turista, senón que todos nós nos sentemos con el en business class.

Tense que ir tan ben, así, todo cómodo e folgadiño! Ademais, seica alí dan un magnífico tentenpé gratis.

Nuca dijo...

Non sexa cruel: O pobre seguro que tivo que pagar do seu pecunio a diferenza de clase porque xa non atopou plaza en turista. O do mobil penso que é que gosta de xogar ca maquiniña para deixar de darlle voltas o pánico que lle da voar. Dende logo como é vostede... Non se pode ser tan mal pensada

Anónimo dijo...

Business class no es patrimonio de la derecha.Melendi también viaja en ella,y con copas de más.Ahora más que nunca,prefiero que alguién esté jugando con su móvil y sin molestar a nadie que poner en peligro a los pasajeros de un vuelo debido a un estado de embriaguez.

Anónimo dijo...

Teño que opinar porque eu tamén voei con este señor! cara a Barcelona e a verdade éra unha compañía de baixo custo..... supoño sería unha viaxe persoal costeada por el mesmo e se ten que costear toda a súa gomina supoño que os aforros non dan para todo