sábado, noviembre 24, 2007

Para E.

Non gosto dos verbos definitivos, e hoxe tócame chorar abondo, porque alguén marchou, fuxiu, aínda que o fixo a modo, devagariño, sen molestar, sen facer ruido, para non espertar nin molestar a ninguén coa súa súbita saída. Gustaríame ter onde cuspir unhas bágoas de vinganza porque a porta non a fechou o vento, eso seino. Só coñezo un deplorable apelido que só ten de bo que non foi quen de perpetuarse nunha descendencia contaxiada por un odio atávico e desmesurado. E lémbrote tan inocente....mágoa con coñecerte cando aínda tiñas os ollos alegres a non che tremían as mans, cando andabas á procura do amor, una arela que rematou contigo, miña reina. Que soe eternamente para ti a canción....


Apertas a todos os que te quixeron especialmente a Tita, Ernesto, Tiora....en canto poida porei aquelas preciosas fotos do antroido cando paseamos pola nosa Auria un descomunal cocido onde o pasaches tan ben.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Forza, Ana. Bico gordo.

Anónimo dijo...

Reciba as miñas condolencias, vostede a a quen corresponda.

Ra dijo...

Precioso homenaje, Ana.
Un abrazo.

Nuca dijo...

Ánimo. vese que foi alguén excepcional para ter amigos que falen como o fai vostede

Ana Bande dijo...

Grazas RR, apicultor, Ra (sempre tan agarimosa) e Occam. O excepcional é que alguén decida marchar e ademáis sen facer ruido, como pedindo perdón por ter existido. Tamén é excepcional non poder chorar xuntos os que a quixemos porque moitos aínda non o saben, o excepcional é que non sexamos quen de decatarnos da insoportable infelicidade dos que temos preto para queden con nós, que non teñamos a obriga de seguir aquí tan sequera porque algún ser querido non sufra. Algun@s amig@s e compañeir@s estamos organizando unha xuntanza para lembrala, se pasades por aquí e vos apetece contactaremos con vós.