Non apta para francófobos. Unha desternillante historia dun traductor francés de literatura española no que ironiza sobre os aspectos máis problemáticos da profesión.
Aaron Janvier, o protatonista, é un afamado traductor francés do español que farto de esperarar polos orixinais dos preguizeiros escritores ibéricos (os portugueses non se libran da crítica) que pasan o día nas tascas no canto de escribir, resolve o problema facendo el mesmo as novelas coa intención de que sean as traduccions duns orixinais que logo encargará aos autores. Pero Claude Breton non só quixo ironizar sobre a profesión, senón interesar ao grande público e esto acadouno perfectamente coa aplicación do método da novela negra. Cando os escritores que participan na farsa tentan abandonar o xogo, o protagonista comeza a eliminalos producíndose entonces un sospeitoso incremento na mortalidade dos nosos literatos....E non sigo contando porque o argumento é precisamente a gracia da obra.
Das ironías do libro quédome con esta "un autor es un señor que sabe devolver una traducción al texto original, un señor que exige una buena traducción para escribirla luego como Dios manda, un impostor que copia el modelo".
2 comentarios:
É Bleton, e é un tipo estupendísimo e simpático. Mire, please, doñana, a súa bibliografía e verá. E xa me dirá, con discreción. Of course.
Eu fixen o meu postdoc en Francia e interésame moito a visión que teñen de nos. Vou estar de viaxe a próxima semana e xa sei que libro vou levar.
grazas
Publicar un comentario