Deste maxistral escritor só lin esa obra que tamén tendes que adiviñar. Para axudarvos un pouco só direi que foi a que inspirou a derradeira e para min menor novela do de Aracataca. Agora estou polas primeiras páxinas dun libro que me recomendaron nunha voda (ás veces este tipo de actos serven para falar de literatura ¡quen o diría!) e do que vos falarei nos próximos días. No bar de Hipólito xa hai unhas cantas xerras agardando polo Tío Pepín, por R.R. e como non, polo noso insigne blogueiro sen bló o mestre Apicultor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Trátase, naturalmente, do Premio Nobel nipón Yasunari Kawabata, e a obra á que se refire é La Casa de las Bellas Durmientes, que inspirou á García Márquez e a súa Memoria de mis putas tristes.
Mother of God! What a level! Logo métense comigo na de Rubén!
(Acotación á marxe)
(Apicultor senta nunha cadeira namentres olla concentrado a taza de té fumegante. Ten un dilema ético e non sabe ben qué facer: Deixar que Ana crea que é un fenómeno e que controla mogollón de literatura nipona, ou dicirlle a verdade? Confesarlle que tardou tan só cinco minutos en dar coa resposta en Google tiraría por terra todo o seu encanto cultureta. Dá un grolo ao té e case se queima a lingua, e pensa, pensa en cómo actuar. É unha actitude ética dicir sempre a verdade aínda que o único prexudicado sexa un mesmo? A impostura é sempre moralmente reprobable, aínda que mantela non cause dano a ninguén? Non sabe qué facer. Vaise para a cama coa esperanza de que a almofada lle resolva esta grave dúbida existencial)
Gústame a xente que pensa, mais imaxinalo ao vostede, diante dunha taza de te plantexándose á unha da mañá a conveniencia ou non de confesar que "copiou no exame" é tan excitante...Non me diga nada, con gúgel ou sen gúgle é vostede sinxelamente encantador...
Vostede si que é verdadeiramente encantadora, amiga Ana.
Insistan, insistan. Logo métome con vostedes na de Rubén e inda teñen máis que dicir.
Mestre, ¿qué? O destes dous qué carallo/cona vén sendo? Hala, a darse premios a diario... ¡Ide repisando! ¡Iso pasa só cando empezas, joder!
Cabagüata cabagüata... ¡excusas!
Xa están aquí outra vez estes dous celosos conspiranoicos...miren, se queren premio, estean atentos e respondan coa axilidade e elegancia do meu admirado apicultor e déixense de pataletas...E ademáis, o apicultor non ten ata agora premio ningún porque sempre se adiantou na resposta o TíoPepín, que polo que sei tamén é unha especie de homequecomedicionarios.
Mi madriña, que ciumentos son algúns destes novatos, e canto teñen que aprender da vida e du savoir-faire!
:-) :-) :-)
¡Boborobóbóbó! (Así como rosmando)
Xa rematei con Kawabata, agora teño que deixar repousar a lectura porque estou aínda moi impresionada pola intensidade dunha relación amorosa e tráxica cun intensísimo recendo de té que tamén me lembra á apicultura...
Tranqui R.R., non rosmes que xa sabes que como fannamberguán és o "neno" dos meus ollos.
E por qué non seguir con Murakami?
Publicar un comentario