miércoles, abril 09, 2008

Inma López Silva, Premio Blanco Amor de novela

Esta preciosidade que vos presento e Inma López Silva, unha das nosas xóvenes promesas que ven de ser recoñecida unha vez máis, esta vez co premio Blanco Amor de novela. Hoxe tiven a enorme ledicia de degustar unha fermosa tarde na súa compañía adobiada ademais coa dozura da simpar Lula, o verbo inesgotable do espelido Arume, a futura blogueira e aspirante a cronopio, Virxinia e Elisabete. Mágoa as distancias e axendas que impediron a presencia de outros ingredientes imprescindibles nestes manxares. Occam, Rubén, vémonos na próxima. E como esto, entre outras cousas vai de libros, mentres a "ollomeneada" non nos agasalle co libro premiado teremos que abrir boca con Rosas, corvos e cancións, Neve en abril
Concubinas ou New York, New York.

VERSIÓN EN CASTELÁN: Esta preciosidad que os presento es Inma López Silva, una de nuestras jóvenes promesas que acaba de ser reconocida una vez más, esta vez con el premio Blanco Amor de novela. Hoy tuve la enorme alegría de degustar una hermosa tarde en su compañía, adodrnada ademas con la dulzura de la simpar Lula, el verbo inagotable del ocurrente Arume, la futura bloguera y aspirante a cronopio, Virxinia y Elisabete. Lástima las distancias y agendas que impidieron la presencia de otros ingredientes imprescindibles para estos manjares. Occam, Rubén, nos vemos en la próxima. Y como esto, entre otras cosas va de libros, mientras la "ojomeneada" no nos regale el libro premiado tedremos que abrir boca con Rosas, corvos e cancións, Neve en abril
Concubinas ou New York, New York.

8 comentarios:

R.R. dijo...

Tamén vós, non podiades poñer Vigo máis lonxe...

Para variar xa non sei como dicirlle a Inma que me alegro.

Anónimo dijo...

Noraboa, noraboa, dun lector impenitente de Inma e do teu excelente blog, Ana. Un gran saúdo. Xose

Anónimo dijo...

Usemos o blog fantástico de A.B. para comunicármonos, Rurrú (que rima con Pibú) Moitas grazas! O de preciosidade..., que bruta! Un bico, tamén, ao Impenitente.
Ana, por certo, é verdade que o reloxio aí ao lado está moi ben...

Anónimo dijo...

Ex-pe-li-do, Anabande, ex-pe-li-do. Con X. A ver se aprendemos ortografía.
Atención a este blog, porque vai ofrecer, segundo teño entendido, primicia mundial. Pero non digo máis. Ghe, ghe.

Ana Bande dijo...

Que non Arume, que está ben, que quixen dicir que é vostede moi agudo, aleuto, vivo, ¿como ía ser vostede expelido? ¿expelido de onde? É vostede ben retranqueiro.

Lula Fortune dijo...

Benvidos ao club Harvey Keitel (je, je) xa lle estou collendo gusto...
Que sepas Rurrú que te botamos de menos. Reitero a miña noraboa para Inma (por si non quedou claro).
Biquiños para a dona bo blog, sempre tan boa anfitriona.

R.R. dijo...

Cajiná...

Por certo, señorita Bande. ¡A mercalo! :-P

Ana Bande dijo...

Concubina newyorker, confésese e arrepíntase, as gadoupas de deus chegan lonxe. Ademáis xa ten vostede unha falta de asistencia á segunda reunión dos L.Q.N.Ch.L.P. (H.Keitel dixit)....perigo.
Ai...Luliña, é vostede a morfina do clube, unha transfusión de adrenalina para este ás veces agoniante bló.
R.R.
Nin de coña, non penso mercar ningún libro de amijos que saian neste bló.
Arume, vai ter que botarme unha man co fotoxop...glub!
E isto vai para V.:
¡QUEREMOS TERRITORIO CRONOPIO XA!