sábado, mayo 31, 2008

Abuña Jazz no Manteca de Vigo (post con premio)


Abuña Jazz deleitáronos onte no Manteca coa súa música. Abuña é un veterán grupo auriense que leva máis de dúas décadas achegándonos aos mestres do jazz e mesmo coas súas composicións propias. Foi unha noite deliciosa, disfrutamos da compañía destes músicos da nosa Auria e do agarimoso ambiente que se respira neste fermosísimo recuncho do jazz en Vigo. Abuña sorprendeunos esta vez coa incorporación de dous guitarristas magníficos que nos agasallaron con temas de Scofield, Bill Evans e Herbie Hancock. Loren, o fundador do grupo, emocionounos coa súa pericia cos baixos e a súa complicidade co batería A.R. (non vou dar máis pistas) procurounos algúns deses máxicos momentos que nos procura o jazz coa sensación de ser partícipes nunha conversa que vais moito máis alá das verbas.

E agora o premio:
un disco de Abuña Jazz para o que saiba o nome dos compoñentes do grupo que tocaron neste concerto.

16 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Me temo que vou quedar sen CD, pero o importante é participar ¿non?. Eu atopei os nomes de Manuel Lorenzo Tabares e Jose A. Blanco. pero dos guitarristas nin idea. Outra vez será. Bicos.

Ana Bande dijo...

Oh Luliña, esa resposta ben merece un premio, quedas convidada a un par de cervexa no próximo concerto. Efectivamente "Loren", o dos baixos, é Manuel Lorenzo Tabarés, o fundador do grupo, e José A. Blanco aínda que é da banda, non estaba nesta ocasión. O que sí estaba é Antonio Romero, á batería. E agora só vos queda o nome dos dous guitarristas. Non é doado, pero é que tampouco me sobran os discos de Abuña.

miriño dijo...

Alá vou...

A formación de Abuña Jazz é:

Sally Albaugh: cantante
Xosé Luis Míguelez Saínza: saxo
José Antonio Blanco: guitarra
Manuel Lorenzo Tabarés: contrabaixo
Antonio Romero: batería

Máis supoño que preguntarás os músicos que colaboraron nese concerto....

Por probar... Goran Strbac e Piti Sanz (?)

Ana Bande dijo...

Miriño, non está nada mal, esa "era" a composición de Abuña, pero eu o que preguntaba é o nome dos que tocaron no concerto do venres no manteca, ¡animo! xa so faltan o nome dos dous guitarristas!!!

miriño dijo...

Ummm... entón non eran Goran Strbac e Piti Sanz os guitarristas...

É difícil, moi difícil... tan só se me ocorre achegarme ao Manteca e preguntar alí... :p

Mira, non é mala idea, que teño pendiente unha visita á jam session do Manteca... Chamo agora mesmo a Piotr e quedo con el, de paso... :)

Ana Bande dijo...

Miriño, ¡quente! ¡xa queima esto! ¡cajoendiola! vou xa correndo contar os discos que teño de Abuña. Só falta un jitarrista ¡aidiosquemekedosinmidiscodeabuñajazz!

miriño dijo...

Aiii... que acabo de ter unha idea...

E poderá ser Pepe Evangelista?

Ana Bande dijo...

mmmmm....non....nin pepe nin evanxelista, tamén ten un nome celestial e un apelido galego co seu toponímico de rigor.

miriño dijo...

Só por descartar... Marcos Teira???????

Ana Bande dijo...

NOoooooooooooo!

miriño dijo...

Xa está... creo...

Os catro que aparecen na foto son:

Manuel Lorenzo Tabares
Antonio Romero
Goran Strbac

e...

Serafín Carballo...

Dime que si, que xa non teño máis nomes... :p

Ana Bande dijo...

Brrrrravo miriño, oe, oe, oe....vou á procura dese disco xa.

Para recoller o premio: mándame unha mensaxe a ambb@uvigo.es

¡ERES UNHA EN CICLO PEDIA!

miriño dijo...

Olé!... que ben cando se gana algo!!!

Non é que sexa unha enciclopedia é que se me dá moi ben procurar no google...

:)

Ana Bande dijo...

Xa..xa...no google, seguro que ves de empregar o comodín da chamada. De tódolos xeitos estaba desexando que atoparas xa a solución ¡vaia empeño!

miriño dijo...

Comodín da chamada? Non, non... só foi o google... e nada máis...

:p

:p

miriño dijo...

Bueenooo, si, e algunha pista que tamén axudou... :)