Non está pasando / ¿afacers a esto? / o que non vemos non existe / o que vemos TAMPOUCO / as verbas non serven / NIN AS ARMAS / nin a filosofía / nin a DEMOCRACIA / ¿e pódese escribir poesía logo disto? / non son desastres nada naturais / hay moitos culpables / impotencia / ¿chorar? / din que esta xente sempre ten un sorriso no rostro / que terían pensado facer ao día seguinte, ou cando maiores / ¿non é a mesma foto que viña no mesmo xornal cando o tsunami? /"non, o que ocorre é que o mar traballa do mesmo xeito" / ... / ... / ... / ...
(son as primeiras reflexións que fago ante as fotos do horror...bueno, tamén dixen polo baixo ¡puto mundo!...sinto a crudeza de hoxe pero precisaba algo de catarse -imposible cando o que se mira é a realidade- se pode ser colectiva, mellor)
5 comentarios:
e ¡¡viva a hipocresía do Banco Mundial!! como estes países non lle paga a deuda externa entón non lles envía diñeiro. Estou contigo ¡¡PUTO MUNDO!!
Banco Mundial, FMI, Nacións Unidas...están perfectamente documentados os seus crimes contra a humanidade ¿pero que se pode facer cando os seus dirixentes son os descendentes dos Chicago Boys que son o modelo das mafias no poder?
Tardei un pouco en ver que se trtaba...se seres humans!!!! con vidas, soños, plans, odios, amores. E para nos, unha foto máis do horror. Qué noxo me da este puto mundo.
Será difícil, incluso, saber o número de "vidas, soños,plans,odios,amores". Non interesan; sen petróleo, sen turismo, sen nada interesante para o noso puto cuíño occidental.
Ademais, non notades que dende que está o terremoto de China, coa que evidentemente nos unen moitos mais intereses (económicos?) case xa non se fala de Myanmar?
Claro que o notamos, é que os pobres teñen ata a mala sorte de sincronizarse nas desgracias. Uns desastres eclipsan a outros. E os periodistas seguen a traballar con esa odiosa máxima de "non deixes que a realidade che estrague un titular", pois eso veño de comprobalo agora mesmo. A noticia da TV1 era "a nosa web foi a primeira en anunciar a detención do etarra..bla...bla...bla..", o que importa e a puta web, por detrás quedas os etarras, e máis atras os feridos e os mortos destes sinistros e anacrónicos personaxes. En fin, que menos mal que temos xente con cámaras dixitais e blós polo amplo mundo para que os que queiramos vexamos o que pasa. Ademáis é curioso o mal visto que está esto de ser conscientes da morte, do sufrimento e da compasión...e máis curioso é todavía que sexamos os ateos máis recalcitrantes os que amosemos un pouco de humanidade. ¿onde están as declaracións da igrexa condeando a Berlusconi e adláteres, aos dictadores birmanos que non nos deixan saltar un puto muro para axudar a esta xente? Non, se aínda lle temos que pedir perdón ao do botox por non estar de acordo coa súa mafia! ¿pero a que representas os dirixentes dos nosos Estados? E digo eu...¿por que non se globaliza tamén a política e deixamos de matarnos por estar máis alá ou máis acá dunha raia? Porque tódolos mortos son polo mesmo, por estar dun lado ou do outro.
Publicar un comentario