lunes, mayo 26, 2008

Fe, fraternidade, ilusión + Bocata e auga

Hai unha vila na nosa terra que cheira a Chanel e na que os non veciños baixan mercar o pan ataviados de executivos. Pódese pasar un bo rato ollando ao monstro da especulación engulindo os poucos metros cadrados que van quedando para conformar esa milla de ouro da que non disfrutan os que fornecen diariamente os cocedeiros de marisco. Malia non soportar o abafante cheiro que resulta da mestura dos carísimos perfumes dos esporádicos visitantes co salgado recendo do mar que ven na procura do seu, adoito gustar de camiñar polo paseo máis glamuroso do frikismo da clase alta/altísima e me vexo coma un Malinoswki contemporáneo na procura dunha explicación desta tribu posmoderna que posa as vintecatro horas de cada día do ano ata chegar a apoteose do verán. Na igrexa da vila (un dos escasísimos edificios antigos que sobreviviu á voracidade da mafia do ladrillo) atopamos este simpático cartel. Menos mal que no centro comercial do porto deportivo de última xeración hai unha chea de franquicias onde se pode atopar de todo, fe, fraternidade, ilusión, bocata e ata auga. ¡sonche o demo estes católicoapostólicoromanos!

Para atemperar un pouco tanto horror vacui o grande Paco Leiro pousou no eirado do requintado centro comercial este Atlante que da boa conta da sufrida e azarosa vida dos ilustres inmigrantes da vila. Con todo, o peor é a continua chegada de pateiras que obrigan a asfaltar e reencher o que vai quedando de ría. Que desacougante se presenta o futuro inmediato! porque...¿acaso a entreperna deste Leiro non ten toda a pinta de ser a entrada dun descomunal parque temático que por fin conecte o Silgar con Agrelo?

[Foto vía Iniciarte]

Hai un pueblo en nuestra tierra que huele a Chanel y en el que los no vecinos bajan a comprar el pan disfrazados de ejecutivos. Se puede pasar un buen rato mirando al monstruo de la especulación devorando los pocos metros cuadrados que van quedando para conformar esa milla de oro de la que no disfrutan los que abastecen diariamente a los cocederos de marisco. A pesar de que no soporto el desagradable olor que resulta de la mezcla de esos carísimos perfumes de los esporádicos visitantes con el salado aroma del mar que viene a buscar lo que es suyo, suelo disfrutar caminando por el paseo más glamuroso del frikismo de clase alta/altísima e me veo como un Malinoswki contemporáneo en busca de una explicación para esta tribu posmoderna que posa las veinticuatro horas de cada día del año hasta llegar a la apoteosis del verano. En la iglesia del pueblo (uno de los escasísimos edificios antiguos que sobrevivió a la voracidad de la mafia del ladrillo) encontramos este simpático cartel. Menos mal que en el centro cultural del puerto deportivo de última generación hay un montón de franquicias donde se pude encontrar de todo, fe, fraternidad, ilusión y hasta bocatas y agua. ¡son el demonio estos católicoapostólicoromanos! Para equilibrar un poco tanto horror vacui el grand Paco Leiro dejó en la terraza de este exclusivo centro comercial este Atlante que tan bien refleja la sufrida y azarosa vida de los ilustres inmigrantes de la villa. Con todo, lo peor es la continua llegada de pateras que obligan a asfaltar e rellenar lo que va quedando de ría. Que siniestro se presenta el futuro inmediato! porque...¿acaso la entrepierna de este Leiro no tiene toda la pinta de ser la entrada a un descomunal parque temático que por fin conecte o Silgar con Agrelo?
[Foto vía Iniciarte]

3 comentarios:

Anónimo dijo...

http://salvemossanxenxo.blogspot.com/

Xa non ten moito remedio esta vila, porque estás falando de Sanxenxo ¿non?

Antonio Martínez dijo...

Fermosa entrada. Teño preparada outra entrada sobre a vila en cuestión.
Grazas por visitar INICIARTE.

Heduardo Kiesse dijo...

Um beijinho fraterno te deixo aqui Ana


paradoxos