A derradeira vez que ofrecín un premio fixen un grande amigo, así que confiando en que se repita a experiencia e que está a caer a visita número 50.000 celebrareino de novo cun agasallo libresco ao comentarista máis xeitoso do post anterior. ¿o premio? Está claro.....
VERSIÓN EN CASTELÁN: La última vez que ofrecí un premio hice un gran amigo, así que confiando en que se repita la experiencia y que está a caer la visita número 50.000 lo celebraré de nuevo con un regalo libresco al comentarista más "xeitoso" del post anterior. ¿el premio? Está claro.....
VERSIÓN EN CASTELÁN: La última vez que ofrecí un premio hice un gran amigo, así que confiando en que se repita la experiencia y que está a caer la visita número 50.000 lo celebraré de nuevo con un regalo libresco al comentarista más "xeitoso" del post anterior. ¿el premio? Está claro.....
3 comentarios:
Preparo as opos de historia mentres reflexiono que tipo de historia queremos transmitir... e me dou un pouco de noxo!
De verdade que a HISTORIA é isto? Despois de estudar cinco anos os estudos regrados e outros moitos os sen regrar négome a aceptar como verdadeira a "obxectividade" da Historia: As experiencias das persoas son únicamente nomeables se,dun xeito ou outro, saíron gañadoras, dá o mesmo o tipo de historia do que esteamos a falar (das ideas, social, económica, etc);O
sufrimento da xente so existe de xeito cuantitativo;As experiencias de mais da metade da poboación mundial están representadas nuns poucos nomes.A HISTORIA non chega a nomearnos en mais dun un por cento, cando non nos oculta deliberadamente.
Nunca me considerei historiadora, de feito non exerzo como tal, ao xeito tradicional .Pero non entendo o dilema dalgún comentarista.
As palabras de Galeano sempre me devolveron ao chan como lectora de historia. Xustiza POÉTICA? Chámao como quieras.
Anímome a escribir polo premio. A verdade é así materialista! Con todo, o premio só me anima a escribir.Sego ler a páxina con regularidade. Internet é a miña fiestra ao mundo porque dende hai unha semana teño a perna esquerda en standby (encontros nocturnos coas escadas da casa). Miro co olliños golosóns a carpa que colocaron no xardín do meu barrio para celebrar o Día das letras Galegas. Este párrafo o digo poñendo mirada de Gato con Botas, por ver se dando peniña agasállasme co libro. Quero ese exemplar e ilusióname que veña da túa man.Muases.
madi, e non é porque non haxa máis participantes, o premio está ben merecido. As túas reflexións son, dende logo, ben interesantes e falan dese outro xeito de ensinar moito máis humano que nos faga, ou mellor, nos devolva a sensibilidade, a capacidade de sentir compaixón cara o outro, e tamén nos faga cuestionarnos sobre a perda de tempo e de vidas que supón facer estatísticas sen pensar en derrubar os muros, as fronteiras que nos obrigar a matarnos ou a deixar morrer aos que teñen a mala sorte de atoparse no lugar equivocado, que podemos ser todos. Galeano é unha desas voces que te lembran que eres home/muller e que levas impreso no teu ADN unha tendencia a solidariedade, malia todo, moitos pensan que é a depredación e a deshumanización o que nos fará libres e felices, e mira ti onde estamos.
Madi, escribene un correo cos teus datos (ambb@uvigo.es) e o libro é teu.
Recupérate axiña desa doenza e sorte coas opos.
Prezada Ana! Grazas pola tua xenerosidade co libro e no teu comentario.Ti sempre tan querible!!
As ganas e as ideas de ensinar historia para comprendermos xuntos o mundo no seu funcionamento están aí, aínda que non sei se o farei ben.
En canto ao premio, so teño mágoa por se a miña broma da chantaxe emocional privou a ésta páxina do rico debate que hai sempre. Pensei moito e creo que volvo á miña posición de raposiña mirona. Sei que aínda teño moito que aprender de vós.
Garda o libro por aí, ou non o merques aínda.Aínda non quero saír do escondrixo.
Muases.
Publicar un comentario