Hai un par de meses fun dar unha volta por esoutro Vigo que moitos veñen de coñecer grazas ao famoso programa. O que non sale na tele non existe, pero o que non queremos ver, tampouco. O paseo polos arredores do que queda do Castelo de San Sebastián obriga a ollar o chan para non picarse as zapatillas, malia todo erguín a cabeza porque me chamou a atención un turista que dende a muralla escudriñaba a paisaxe cos anteollos. Mágoa que non sexamos quen de ver o que temos máis preto. Mágoa que os que cobran por ver e arranxar este noso Vigo sexan cegos e xordos de solemnidade. Santiago Domínguez di que o programa presenta unha visión sesgada da realidade. A prensa local tamén semella muda, cega e xorda. E nas nosas fermosas rúas seguirán in illo tempore malvivindo e peormorrendo os nosos veciños. Non abondaron aqueles tempos nos que o cabalo engulía xeracións enteiras, temos que seguir agochando aos perdedores e aos que se trabucaron nunha mala tarde de domingo na que colleron o pico para pagar a primeira entrada dunha hipoteca eterna. E a Fernanda Tabarés dígolle que o xornal no é o lugar para facer teoría periodística, e aos Atlántico que saian dos rotativos a facer a rúa. E a Santiago Domínguez...só se me ocorre a famosa frase...¡lisque señor Domínguez! ¡lisque xa!...
Graffiti no Casco Vello
E no espello virtual máis grande do mundo quedan as imaxes da infamia, en cinco entregas, completiño.VERSIÓN EN CASTELÁN:
Hace un par de meses fui a merodear por ese otro Vigo que muchos acaban de conocer gracias al famoso programa. Lo que no sale en la tele no existe, pero lo que no queremos ver, tampoco. El paseo por los arrededores de lo que queda del Castillo de San Sebastián obliga a mirar constantemente al suelo para no picarse las zapatillas, a pesar de todo erguí la cabeza porque me llamo la atención un turista que desde la muralla escudriñaba el paisaje co los prismáticos. Lástima que no seamos capaces de ver lo que tenemos más cerca. Lástima que los que cobran por ver e arreglar los problemas de nuestro Vigo sean ciegos y sordos de solemnidad. Santiago Domínguez dice que el programa presenta una visión sesgada de la realidad. La prensa local también parece muda, ciega e sorda. Y en nuestras hermosas calles seguirán in illo tempore malviviendo y peormuriendo nuestros vecinos. No bastaron aquellos tiempos en que el caballo devoraba generacones enteras, tenemos que seguir escondiento a los perdedores y a los que se equivocaron una mala tarde de domingo en la que cogieron el pico para pagar la primeira entrada de una hipoteca eterna. Y a Fernanda Tabarés le digo que el periódico no es el lugar para hacer teoría periodística, y a los del Atlántico que salgan de los rotativos a hacer la calle. Y a Santiago Domínguez...sólo se me ocurre la famosa frase...¡márchese señor Domínguez! ¡márchese!...
6 comentarios:
Pois si que ten delito o asunto. Aparte de demostrar a súa atención polo barrio deixándolle ver o cú ó problema, queren que todos os demáis tamén o fagan.
E si, Callejeros terá o seu punto sensacionalista, ¿ou será que se fixa nos extremos, nas miserias e nos hiperricos, no que a maioría da prensa e os políticos prefiren non tocar?
E creo, polo que vin, que contra o que se di no Atlántico Diario, ó principio do programa si se fala do plan de rehabilitación do Casco Vello.
E para rematar a observación de sempre: conseguiron montar unha polémica aireando o seu malestar co programa, ¿servirá para que fagan algo máis por solucionar o problema? (NON, sospeito) Todo isto non vai máis aló de seguir deixando a merda debaixo da alfombra.
Si, no programa tamén se pararon a falar dos proxectos de rehabilitación, ata entrevistaron a unha traballadora dun centro de recuperación de cestos e non lle preguntaron os perigos que corría cada día á entrada e á saída do traballo, falaron de cestos. E tamén falaron con algún "responsable" dos fiasco rehabilitatorio, pero o caso é que o que de verdade molesta é poñer o espello onde outros poñen a cámara. Tolos, estamos tolos. Gastando milleiros de euros nunha universíada (os vigueses seguen a colgar trapiños publicitarios nos balcóns porque deben trabucarse coa tradición do día de Ramos) na onda dos proxectos Ogaiás e a xente e os barrios pudríndose a carón do Concello. Ao mellor e unha mensaxe sublimiñal para que nos vaiamos entrenando para escapar cando chegue o momento. No vigobló hai máis datos sobre esta triste historia.
Eu só sei que a primeira vez que me perdín en Vigo (ao día seguinte de instalarme aquí), fíxeno exactamente por onde o fixeron os Callejeros. E levei exactamente a mesma sensación. Non era ficción. Tiven medo. E déronme pena os Santis Domínguez desta cidade que perde todo ese encanto fascinante que ten nesas rúas destrozadas...
Eiquí, no Brasil onde me atopo din que esas paisaxes son frecuentes. Eu nin as poiden ollar porque ninguén se atreve meterse nelas
Que sorte teñen algúns...faga milleiros de fotos porfa e á volta quedamos para facer unhas risas. Apertas!
IM-PRE-SIO-NAN-TE
Publicar un comentario