jueves, junio 12, 2008

Pintura de J. Sarmiento


Jorge Sarmiento expuxo a súa obra hai pouco no Círculo Mercantil de Vigo. Por fin J. S amosa o seu traballo, foi unha ledicia compartir esta ilusión da "primeira vez" con Carmen mentras nos contaba a historia de cada obra.

A obra de J. amosa unha clara predilección pola paisaxe. As pinceladas mínimas falan dun traballo minucioso e as cores vivísimas, sobre todo os azuis do ceo e o mar constrúen unha pintura alegre e chea de vida. Das historias de cada obra lembro a do barquiño que viu dun soño do pintor uns poucos días antes do desastre do Prestige. É, dende logo, un barco misterioso que fala dende unha noite artificial de xeo e sinistra claridade.
¡Parabéns a Jorge e a Carmen! e a seguir pintando, que queremos máis!
No marxe tendes un álbum de fotos con máis obras de J. Sarmiento.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A primeira pintura evócame a obra de Urbano Lugrís. A segunda lémbrame ás de Edward Hopper.

Gústame.

Ana Bande dijo...

Sí, é certo. Concordo sobre todo na primeira. Sei que é unha das más queridas do autor.

Anónimo dijo...

Ola Ana! Moito tempo despois, escribo para preguntar.
Que relación ten Jorge Sarmiento con Tenerife?
Non esquezo a estrellas pendentes.
Beijos,

Ana Bande dijo...

Pia, encantade de "verte" por aquí. Pois a verdade non o sei, preguntareille e canta vaian esas pintas xa che conto. Bicos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ofreces un post sobre a maqueta da Praza de España de Vigo pero non son capaz de velo. Por qué?

Ana Bande dijo...

Ola Aru, perdoa rapas pero é que onte andaba un pouco bébeda e fóiseme o dedo, aínda non estaba ben cocido. Mentras pode vostede visitar o novo bló quevigo, fillo desoutro vigobló, que fala do tema, en nada temos unha vigosalia aquí tamén montada, e ben que cumpría ¿non é? estes do concello aínda van resucitar o escalestri, tempo. Bueno, A. enchantée, maintenant je vais fair ma promenade olalá!