martes, junio 24, 2008

Vigo, música na rúa.


O pasado sábado disfrutamos abondo coa música da Orquestra clásica de Vigo.
Os músicos saíron á rúa para acompañarnos nunha destas marabillosas tardes de sol que anuncian a inminencia do verán.

Son especialmente emocionantes estes concertos. Debecemos por achegarnos aos músicos e os intrumentos e os sons, de socato, teñen outros matices. Móvense, respiran, soan, miran de xeito distinto.

Os nenos sentados no chan ollan atentamente ao violinista que se ergue para tocar unha melodía engaiolante que os mantén, literalmente, coa boca aberta ata que o violinista os esperta chiscándolles un ollo. Entón sorrín agradecidos e emocionados cara súa nai.

Os que cumpren co rigoroso paseo diario esquecen o nivel de colesterol grazas á marcha Radetzki que arrinca aplausos emocionados dun público que non pensaba asistir ao divertidísimo xeito de dirixir do mestre Manuel Martínez Álvarez-Nava.

Algunha nai dunha contrabaixista agochábase por tras de alguén para roubar a foto tresmilepico da súa belísima Alma. O pai chíscalle tamén un ollo que a advirte do perigo da situación.

Esta cidade ten músicos abondo. Un Conservatorio Superior, o Conservatorio Profesional, a Escola Municipal de Música, e unha chea de agrupacións, orquestras, bandas. E sobre todo músicos que queren tocar para nós logo de moitos anos de estudo que poucos recoñecen.
Señores do concello e xestores do choio cultural varios
¡MÁIS MÚSICA NA RÚA POR FAVOR!

3 comentarios:

Xaime dijo...

Como se nota que chegou o verán.
Calor na rúa e música.
Pasao ben polas vacacións; andiven un pouco ausente por un achuchón repentino.

Ana Bande dijo...

Alégrome ben de terte por aquí outra vez, Xaime. Xa vin que estivo por aí o gran RR, ta ben, hai que pasear aos nosos grandes. Para rematar con ese achuchón non che hai mellor cousa que un bo chapuzón(vaia ripio)así que, xa sabes onde tes a túa praia. Bicazo.

Vailima dijo...

ah, qué envidia me das querida amiga. Menos mal que compartes con nosotros tus buenos ratos que son también los nuestros.
Un beso mientras tecleo emulando a Glenn Gould en su piano tocando las variaciones Goldberg.

ps bueno, tengo que decir que no soy tan subnormal normalmente. Ahora es que las estoy escuchando.