viernes, julio 25, 2008

Cincocentos anos....¡cantas historias!

Esta vella amiga de máis de cincocentos anos, si, ¡500 anos! consérvase nun maxestoso bosque de faias agochado entre as misteriosas e feridas montañas leonesas. Non puiden resistir a tentación de darlle unha forte aperta e acariñar a as súas lenes engurras de pel de dinosaurio. Devecía por sentar ao seu carón agardando á noite para escoitar os milleiros de historias que leva escritas nas fendeduras do seu tronco. De cando era pequena e os aldeáns falaban dun tal Cristóbal Colón que seica chegara a outro mundo, de cando xa ben moza escoitou dende a profundidade do val o rebumbio dos foguetes pola retirada do francés, e a todos os que non tragaron con letanías e chamamentos para matar e maldicir. Cantos Tristáns e Isoldas non verían estes ollos de madeira nobre e calada. E cantas mortes miraría tamén. As derradeiras, os escravos da mina do Pozón aos que deixaba recostarse no seu ventre cando aínda sen sol, marchaban cos seus pulmóns rebentados, máis cansos aínda que á volta, cando semellaban fantasmas, aquela negrísima procesión de homes sacrificados ao monstro do patrón, do moloch que ameazaba con descartalos cada día da morte gloriosa. Algún sobreviviu para contárnolo, outro milagro, porque en contra de tódalas estatísticas e realidades, este home que nos narrou as penalidades daquela non-vida, ten agora setenta e cinco anos. Nunha truculenta partida contra a morte, a silicose vai perdendo por moitos anos. Ogallá siga aí sentado ao fresco por moito tempo máis, ao pe das escombreiras ás que sinala co seu caxato coma ríndose delas, pero non.

8 comentarios:

CARPE DIEM dijo...

Ya vi algunso comentarios tuyos, y me dije: pues a contestarlos...Quiero ver yo, como estaremos nosotros con 500 años, hay que tratar bien a los árboles nos ayudan a vivir y además, fíjate,PERFECTOS a su 500 años.
Besos Ana:)

Lula Fortune dijo...

Hai unha miúda poñendo comentarios como unha tola por todos os blogs que se lle poñen a tiro :)))))
Esa arbore non estará preto das Médulas?
Bicos milenarios

Ana Bande dijo...

¡deliciosx Carpe diem! sin duda el mundo estaría mucho mejor dentro de 500 años con personas como tú.

lu,
non está lonxe, pero no para ir coa mochila ao lombo. Está preto das covas de Valporquero, máis preto de Vegacervera e hai unha casa rural moi chula por alí. Calquera día podemos quedar por alí a compadrear cos cabreiros e alonxarnos do mundanal ruido....¿pero cando vos marchades? estou desexando xa ver fotos e posts de Venecia!

Anónimo dijo...

Fermoso exemplar, si señor. Por certo, hai anos estiven polas covas de Valporquero, tamén dignas de ver.

Anónimo dijo...

e cantas verbas escoitaría desas que hoxe se perden ou é pecado nomealas.

Anónimo dijo...

soy un alcornoque, no entendo de arboles, y no me arrimo porque quien a buen árbol se arrima buen pájaro le caga..y eso..
pero se le ve bien, pa otros 500 años

Anónimo dijo...

¡Piii, erro grave, señorita Bande! O Livro do Desasosego (cos "ss" que aí faltan), recoméndolle lelo na versión de Richard Zenit para Assirio e Alvim. ¿Mándollo? Non, non llo mando que é dos que miro moito...

Ana Bande dijo...

Pois agora xa o merquei en Acantilado...mágoa, non mo mande, non, que xa tratarei de facerme con el por estes lares...ademáis de momento teño que deixalo que me deprimo, señor anónimo que non o é tanto...