lunes, agosto 18, 2008

Na perruquería, lendo a Margaret.

Logo de catro ou cinco días de faltar á miña cita coa perruqueira e coa enerxía que che da o ver que a raíz xa ameaza con acadar ás puntas, conseguín sentarme na cadeira eléctrica. Collera o meu libro da Atwood e levaba dúas frases cando sentín xirar bruscamente a cadeira que estaba ao meu carón. Nestes casos non me volvo nunca polo terror de ter que comezar unha conversa sobre eses temas de actualidade dos que sempre me faltan datos. Pero sobre todo porque nun momento do proceso sempre teño que quitar as gafas e entón ven o peor. Teño que seguir ollando ao que se supón que son os ollos da miña interlocutora a través do espello, e estou segura de que teño o mesmo careto que Lucas. Ten quince dipotrías pero pensa que pode quitar as gafas, mordisquear a patilla e mirarte aos ollos como se fose Clooney no anuncio de Martini. O que semella de verdade é un actor que esqueceu o seu papel e ten que mirar constantemente ao apuntador. Pois ben, nada máis sentarme escoitei a voz da selva. Hay hija, hay que ver lo buenos que se ponen los tíos con la edad y cómo nos estropeamos nosotras. Quedei paralizada perante uns segundos tratando manter o equilibro para non facerlle tragar o Hola, facerlle a cera en todo o cráneo e agasallala cunha pedicura cun martelo pilón. Pero non, esta frase gloriosa, tan asimilada xa ao noso ADN, só me fixo sorrir. Entón conxurei ao monstro que ía aparecendo no meu espello grazas á pericia da miña perruqueira coa súa brocha enchoupada en chapapote. Erguín a cabeza e chisqueille un ollo a Margaret.

5 comentarios:

SurOeste dijo...

Como repetimos o eterno discurso da superioridade masculina sen nos decatar. Eu escoitei un comentario na mesma liña onte nunha conversación de cuñadas; sempre me rebelo contra esa maneira autoflaxelante de contemplar as relacións entre os sexos. Eles tamén se pooñen vellos e a eles tamén lles pasa o sol pola porta, ou que vai ser isto.

Ana Bande dijo...

Miña nena, coxs cuñadxs non discutas que por un tírame de aí esas pallas quedas sen o cocido do domingo...ja..ja..eses temas son para levar ás perruquerías, xD.

Anónimo dijo...

Pufff, dona Ana, empezo a pensar que temos un chisco de telepatía, hoxe vou subir un post sobre esas conversacións que non nos queda moito mais remedio que escoitar pero que poderíamos ter pasado perfectamente sen elas...délle tempo á blogueira de xoguete que suscribe.
Por certo, reproduzo un diálogo que ven totalmente ó caso :
(Suponse que hai moitos anos que non se ven)
-"Estás muy bien. Estás como siempre"
-"No. Tú estás como siempre. Yo estoy mucho mejor"
(Diálogo entre Jorge Perrugorría e Lolita Flores en "Rencor" de Miguel Albadalejo)

Anónimo dijo...

Xa estou eu metido onde non me chaman outra vez... pero é que non dou imaxinado a escena nunha perruquería de homes... ese home que le a Margaret preocupado pola raiz dos seus cabelos, ese outro que le o Hola preocupado polo ben que envellece Redford e o mal que o fai el... non sei... non o visualizo... Será verdade que nos preocupamos doutras gilipolleces distintas?

Ana Bande dijo...

Sigfrid,
si, son como comentarios pregravados dos que adoitamos botar man sen plantexarnos do dano que fan.
Esoutro día na froitería, a froiteira a UN cliente que non sei que lle porfiaba:
-E que as mulleres lle somos unhas repunantes.

O home que me mira e me di:
-eu non dixen nada.

Eu, finxindo ter o mesmo interese na conversa que o do calabacín que de boa gaña lle guindaba ao cacholo da fruteira,só fun quen de contestar "elle puro marquetin, ela o único que quere e que vostede marche axiña para atendenderme a min"

Debín marchar sen as nabizas, a verdade.

Anónimo,
Home...pois non sei a que perruqueiros vai vostede e se se pon a falar do mercado de futuros cos outros clientes mais teña por seguro que as "gilipolleces" de que se fala en moitas non varían moito, sexualmente falando, claro.