martes, septiembre 30, 2008

Lembranza de Cuca Tovar.

Co gallo de lembrar á benquerida Cuca Tovar, ando estes días metida entre prensa vella e sentencias que falan duns oscurísimos anos oitenta nos que xs que tiñamos vintetantos viviamos no mundo feliz e superdemocrático que nos vendían os de sempre, os que, como agora, non queren remexer, non sexa que saia toda a merda que foron amoreando na corte da súa conciencia. En fin, que vos agasallo hoxe cun extracto da sentencia relativa á demanda que a compañeira de estudos Carmela lle puxo ao concello ourensán por negarlle a consulta do libro rexistro do Cemiterio de San Francisco co que pretendía facer un traballo de 5º curso de Xeografía e Historia. Velaquí as gloriosas verbas dun funcionario que debía de de ter praza ao carón de deuspadretodopoderoso:
"que desde luego con lo que no estoy de acuerdo es que se vaya a buscar exclusivamente datos de un período doloroso para España, como fue la época del 36...yo creo que es una etapa que tenemos que superar todos y olvidarnos de este tema y no seguir escarbando en algo que ya han pasado 50 años y un par de generaciones por medio...y en cuanto a la investigadora yo tengo mis dudas, todos sabemos quien es esa investigadora y prefiero no añadir más...a mi no me llegó su acreditación como investigadora, todos ustedes saben la militancia que tiene esa persona y lo lamento mucho pero po ahí, insisto, no entro".
Prezada Cuca, pasaron vinte anos e seguimos igual. Estou vendo a cara deses funcionarios poeirentos e fachendosos do seu montaraz analfabetismo fronte á beleza daquel teu sorriso de muller segura de sí mesma coma poucas. Eu, coma todxs xs mozxs daquela, perdía o cu por estar a carón desa xeración vósa que nos levaba só uns aniños pero que agochaba tanta sabedoría. Hoxe, de seguires entre nós, outro galo cantaría, seguro. Teríamos unha intelectual coma merecemos. Imaxino as noites que deixou de durmir a gusto aquel alcalde que afortunadamente quedou inhabilitado grazas a ti. Só pasaron vinte anos e xa ninguén lembra nada, Cuca, só unxs poucxs que che votaron unha man, outrxs que te votan en falta cando se fala de memoria histórica e algún funcionario que anda co estómago encollido pola teima esta de querer volver remexer no pasado, que así é como lle chaman a calquere intento de reconstrucción de feitos históricos que precisan ser coñecidos para logo ser analizados e estudados tamén para que non se repitan, se pode ser. Mais acouga, Cuca, hoxe terías case os mesmos atrancos para facer a túa tese. E non por muller e ademáis roxa como debeu pensar aquel alcalde, senón porque lamentablemente, os documentos que procurabas aínda non están no arquivo. E non porque non haxa arquiveiro, como che dicían daquela, que o hai e dos mellores que terá este noso falso reino de galicia, como ben sabes. Simplemente porque non os mandaron. E así, se non se coñecen ¿quen vai querer investigar sobre eles?

[Foto: Estado de parte da documentación do Concello de Ourense afortunadamente recuperada polo seu arquiveiro D.Francisco Espino. Fotografía da súa colección particular] Este post adícollo a P.E. aquel cuxa conta de correo é algo así coma sendeussenpatriaesenrei@nonseiqué (non premer na ligazón, pode estourar)

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén quixera ter unha amiga coma vostede para que me recordase vinte anos despois do meu pasamento.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

ola!! estamos a recadar sinaturas para salvar a panificadora de Vigo do derrubo, por favor, firma na nosa web para evitar que a especulación se leve parte da historia de Vigo:

http://www.freewebs.com/salvemoslapanificadora

Ana Bande dijo...

E eu que máis quixera que poder cumprirlle o gusto señor apicultor. E viceversa, claro.

Anónimo dijo...

Pero imos ver muller,A quén se lle ocurre remexer na historia do seu pobo?,Non sería máis doado remexer na do pobo dolado?,Pero que vai facer ese probe funcionario-a que bastante ten con seguir o camiño de baldosas amarelo sin atopar arco da vella algún que lle enche o iris de cores e ledicia?,quén ven sendo vostede para votar en falta uns papeis que nunca deberon escribirse? Acaso sabe alguén do paradero do Santo Grial? Acaso ten vostede que facer un traballo de 5º de carreira? Pois entón!,Pero vostede quén se cree que é?. Vaia a ver a película esa do carallo dos xirasois o sol e , cando lle tremen as pernas cada vez que se achegue o cura, entón - e só entón- preguntelle a vaca por qué tivo que morrer ela á que non lle ía nada na historia. Ande ande, vaia facer zaping na TV e deixe os arquivos, non vaia ser que alguén descubra que a Historia,as veces, incluso está escrita,e que mal que lle pese a máis de un sempre non é tan dodado de borrar pois sempre haberá que garde anacos delas aínda que sexa nun arquivo.

Anónimo dijo...

De todos modos, e coñecendo a Cuca que, coma vostede ben di, manexaba con mestría a sua prestancia e morena seriedade coa blanca e perenne sorrisa a estas alturas creo que máis de un quedou cun "AMATOMA" e non precisamente sexuá. Adicado a todos-as as/os oscuras-os entes ós que lles doe que alguén poda diferir dos seus pensamentos recoméndolles un pouco de cultura, outro anaco de ledicia e un suave balanceo de cadeiras de cando en vez para que a sangue se lles rexenere gustaríame que, como na radio de antes, admitises como dedicatoira este tema de you tube AMATOMA versión informal pois apesares de todo "A VIDA É BELLA". Grazas Cuca. Grazas Ana. Ah! Grazas tamén ó enderezo electónico ese polas risas que me fago so con intentar leelo.

Ana Bande dijo...

legnaresa,
grazas a vostede, moito rin co do "amatoma", sí, ben seguro que a Cuquiña deixou fondas "pegadas" por aí. Moi acaído o seu comentario sobre os xirasoles cegos. A miña rula moito tremía cando aparecía o cura en pantalla, e canto me lembrei de algúns amijos co berro desesperado de ¡mecagoendios! do Xavier Cámara...moito ten que chover para lavar tanta conciencia e espertar outras. Un saúdo e veña máis por aquí que se lle bota en falta.

Anónimo dijo...

O que adoita acontecer é que os que din "non hai que remexer o pasado", realmente queren dicir "non quero remexer, nin que remexan outros, NO MEU PASADO". Non hai conciencias limpas que sosteñan esa postura. Todos encubren algo, ou a alguén. Todos temen que se faga visíbel, non "algo doloroso", senón algo que a eles si lles vai doer. Pois sinto moi que lles doa, pero máis lles doueu ás vítimas e aos seus, e, por iso mesmo, merecen unha reparación.

Xaime dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

URXENTE
Como podemos enviarlle unha mensaxe urxente?/ Pode contactar connosco?
Amigos da República (Ourense)

Anónimo dijo...

URXENTE
Como podemos enviarlle unha mensaxe urxente?/ Pode contactar connosco?
Amigos da República (Ourense)
17-marzo-2010

Ana Bande dijo...

ambb@uvigo.es

ourensan@ dijo...

Gracias, Ana, pola entrada.