martes, septiembre 23, 2008

Os cartos da igrexa (III)

[Repito foto propia porque vén moi ao caso. Aquí estou eu "negociando" a entrada á catedral de Almería hai un par de veráns]

Como seica hai moito interese por esta miniserie colgo os derradeiros datos que me quedan das anotacións que tomei na conferencia do profesor Bouso. Sobre a diócese de Santiago de Compostela ofreceunos un resumo dunha contabilidade publicada recientemente creo que no Faro da que non conservo notas pero que podedes atopar aqui. Aconsello unha lectura detida deste artigo, o escatolóxico sentido do humor do señor ecónomo non ten desperdicio. Pois ben, a orzamento desta diócese, ronda uns 31 millóns de euros. Segundo o profesor Bouso só con que os pelegríns pagasen 8 euros anuais acadaríase o autofinanciamento. Por outra parte e aínda incurrindo en horribles pecados habería que poñer en dúbida a seriedad dunha contabilidade que mete na columna de gastos as retribucións do clero cando en realidade é o Estado, ou sexa, todos nós, o que se fai cargo destes salarios. No apartado de ingresos destacou o caixón de "ingresos diversos ou extraordinarios" no que aparecen 11 millóns de euros procedentes ¿de donde? O profesor lembrounos tamén a Bernardino Nogara, aquel espelido xestor que "rematou definitivamente coas goteiras da igrexa" poñendo a producir como "deus manda" un patrimonio que ata entón semellaba estar en franco declive. Unha figura merecente dunha monografía polo menos tan espectacular como a de calquera dos Borgia. Ata 1953 grazas a el, os cartos foron investidos a partes iguais en industria, oro e divisas e capital inmobiliario. Por último, o profesor agasallounos cunhs datos en bruto que fixeron as delicias dun debate rico en ironías, gargalladas e acenos de incredulidade perante a caradura secular dunha institución que segue a moquearse dos seus súbditos. 280 museos subexplotados, 103 catedrais, 73 seminarios maiores, 33.400 profesores de relixión que paga o estado, propietaria de portais de internet, emisoras privadas (7 episcopais, 4 locais), publicidade non declarada, 50 revistas de tirada nacional....posuidora de 111.000 Ha. de terras agrícolas, 100.000 propiedades inmobiliarias (a segunda propietaria despois do Estado), propietaria do 70% do chan dos cascos vellos das cidades (casos extremos en Burgos, Santiago, Toledo). ´Propietaria só en Madrid de 1082 propiedades en conventos, casas de frades e pisos, etc. etc. E con esto damos por finalizado este percorrido para voltar ao profano e moito máis divertido mundo do deserto real de cada día. Grazas a Pedro pola charla e agardamos pacientemente unha publicación sobre este tema.

6 comentarios:

sisachosudo dijo...

Ola Ana, corroboro as tuas aportacións en referencia aos corvos feirantes, eiquí están os datos ós que o xornal fai referencia, http://www.archicompostela.org/web/Presupuestos%202008.pdf
Esta camarilla do escapulario, denegoume o permiso para facer un traballo na catedral, sin alegar razóns.
Entereime máis tarde que de balde non fan concesións.
One biko!

Ana Bande dijo...

Sisachosudo...esto...precioso nome,
grazas, moitas grazas polo documento. E ¿pódese saber que tipo de traballo ías facer e as razóns polas que che denegaron datos? e, xa por puro morbo...¿canto che cobraron e en que especie?.

sisachosudo dijo...

Sisachosudo non é nome, maís ben é un sofisma de andar por casa de labrego.
O reportaxe era fotográfico, ó final fíxeno pola miña conta e está publicado. As razóns da negaçao non mas diron, supoño que é por non trabalhar para o National Geographic ou por non acrecentar os 31.500.257,95 € de ingresos do 2008.
Xa que estamos no trapo, que che pareceu o libro "La Vorágine" do Eustaquio Rivera?.
Let`s ghou!

Ana Bande dijo...

Pois xa me dirás onte tes ese traballo para poder admiralo. Entendo que querían cobrar por deixarche facer fotos...non perden unha, van ter tantos petos no tempo que non poderán nin dicir a misa.
O libro A Voráxine é excepcional. A triste historia dos caucheros e esa selva tan viva que che cospe e te mata, as tombochas...en fin,unha obra mestra como poucas, teño que escribir abondo sobre ela pero quero facer unha segunda lectura.

sisachosudo dijo...

Revista ViaNova nº 07, nom merece moito a pena, pero está feito, sen o permiso destes comerciantes.
Another bico!

Anónimo dijo...

"habería que poñer en dúbida a seriedad dunha contabilidade que mete na columna de gastos as retribucións do clero cando en realidade é o Estado, ou sexa, todos nós, o que se fai cargo destes salarios"

Ti seguramente pensas, miña dona Ana, que o Estado lles paga aos cregos o seu salario do mesmo xeito que a Universidade che paga a ti a túa nómina. Pero non hai tal. O que sucede, é que o Estado dalle unhas determinadas cantidades ás Dióceses, e que son logo éstas as que deciden como asignalo: sexa en pagar os salarios aos cregos, sexa en retellar unha igrexa románica. É máis, entre unhas diócesis e outras hai diferencias bastante notables nos salarios que os cregos perciben. Nesa contabilidade que a ti tan disparatada che parece, os cartos que a Diócese recibe do Estado aparecen computados no apartado de ingresos e, en xusta lóxica, os gastos de salarios aparecen computados no apartado de gastos.