viernes, septiembre 19, 2008

Os cartos da Igrexa (II)

Foto: Igrexa de San Francisco de Betanzos. Outro trebello recadatorio semella que en período de rebaixas.

Na súa charla, o profesor Pedro Bouso ofreceunos unha chea de cifras e datos sobre a procedencia dos cartos da igrexa. Ademáis desas graciosas asignacións que lle facemos tódolos fieis e infieis hai outras moitas fontes de financiamento, unhas máis coñecidas e outras moito menos. Edicións de catecismos, videos, discos, xestión de sepulturas (600.000 euros anuais), anulacións matrimoniais (no ano 2007 producíronse 1305 procesos sendo o coste do mesmo entre 120.000 e 200.000 euros non saen só uns céntimos). Tamén nos deixou datos moi curiosos. Por exemplo, a visita do Papa a Valencia que custou 60 millóns de Euros. Ou a visita do papa en 1982 a Escocia que o agasallou cun auto que foi subastado en 430.000 euros adquirido polo coñecido Abramovich máis atraído pola curiosa matrícula do chimpín que polas súas prestacións en estrada. E polo que parece, o segundo coche máis caro do mundo é o golf de Ratzinger, valorado en ¿9.900 millóns de euros? Pasemos a temas un pouco máis serios e fagamos un pouco de memoria histórica da man do profesor P. Bouso. ¿lembrades o famoso tema GESCARTERA? Eu recoñezo que só moi vagamente pero Pedro levoume a aqueles marabillosos anos de desfalcos e corrupcións varias nos que apareceron estas curiosas inversións da igrexa nesta "desaprensiva entidade financeira". As Agustinas Salesianas tiñan alí postos 3 millóns de euros, os "Salesianos" 300 millóns, as monxas "filipenses misioneiras da ensinanza" 6 ou 7 millóns, e así ata trinta asociacións da igrexa. No noso terruño só a diócese de Tui-Vigo figuraba como investidora pero cunha ridícula cifra de 27.000 euros que segundo o profesor debeu ser a calderilla coa que o ecónomo se librou do comercial de Gescartera. José Gea Escolano, obispo de Mondoñedo, cando se descubriu o pastel sentenciou que "é un deber da igrexa investir ben para quitarlle rendemento ao patrimonio". Outro día máis.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Em Chuza: http://chuza.org/historia/os-dinheiros-da-igreja-catolica-apostolica-e-romana/

Anónimo dijo...

Pedro Bouso é unha persoa estupenda e leva xa varios anos detrás da pista económica da igrexa. Teño intercambiado con el impresións máis dunha vez sobre o tema, pero hai xa algúns anos que non coincidimos persoalmente. Sabe se ten xa publicado algún traballo sobre o particular e onde? Un cordial saúdo.

Ana Bande dijo...

Ola Api, alégrome de velo de novo. A verdade non lle sei se ten algo publicado, pero en canto nos vexamos xa lle pregunto. Esoutro día con ocasión da charla ofreceunos un montón de cifras que malia a súa fina ironía que nos ficho escachar coa risa, é para chorar. Eu lembrei con envidia a constitución civil do clero e esoutros procesos históricos que tiveron lugar noutros países que nos levan séculos de adianto. Seguirei pasando a limpo neste caderniño os apuntes que tomei, de momento é o que hai, porque segundo o profesor, este segue a ser un asunto oscuro no que non é doado investigar a fondo. Unha aperta!

Trebi dijo...

E logo,non e parecido o asunto do mercado libre?. O final os cartos poñemolos sempre os mesmos: Xoan Pueblo.
A Iglesia e o Capitalismo.....
Deus os criou e eles se xuntaron

Ana Bande dijo...

O capitalismo...sen dúbida comparte moitos principios coa igrexa, xustamente por ser o seu fillo natural, son dúas persoas e un só deus verdadeiro, diríamos. Mais a maldade da igrexa é cicais maior, inocula nos homes con grande facilidade un sentimento de culpa que o impulsa a cometer os actos máis desatinados en pro dunha salvación que nunca verá neste mundo.

Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Non hai moito lin un artigo que falaba dos bens inmateriais das empresas, que, moitas veces, superan de logo aos materiais. Puñan como exemplo a Cocacola, da que se dicia que os dereitos da marca tiñan tal valor, que custaría menos mercar todas as instalacións da empresa que comprar os dereitos da marca rexistriada "cocacola".
Agora que o penso, a igrexa, metida a empresa, tenche nada menos que a deus de valor inmaterial. Máis aló de Gescartera, a ver quén é o listo que compite con algo así....

Anónimo dijo...

Eu teño unha opinión distinta sobor do tema monetario e a Igresa Católica.
Vexamos.
Os hindues e os musulmáns, son súbditos e todo é do mulá de turno, por tanto descartamos a un tercio da humanidade.
Os cristiáns, ortodoxos e evanxélicos, están moito máis comprometidos ca súa relixión que os católicos, e aportan, ven en quendas periodicas ou prestacións personais unha parte importante do seus ingresos, pero o seren igrexas inconexas economicamente non se pode computar a súa riqueza(?).
Imos cos católicos: vaia por diante que non son practicante nin poño a cruz na declaración, pero son consciente de que o patrimonio inmaterial que conservan, asemade do material lles obriga a recadar importantes sumas de cartos que doutra maneira estaría abandoado.
Todas as capelas de Galicia que deixou a Igrexa están abandoadas e semiderruidas e a punto de ser patrimonio do novo rico do lugar que fai unha casa desas horribles con almeas ca capela de toda a vida o carón.
Se falan algunha vez do que están a facer algúns militantes cristiáns en Africa, decataránse que os cartos terán que sair dalgún lado.
Ben, xa quedei tranquilo ca miña conciencia. Boa tarde Aniña, e pon o título ben que é Os cartos da da da da Igrexa e non de de de Igrexa.

Anónimo dijo...

por aquí repiteno 1º de Gallego,
pedirle contas a la igrexa no e
cosa de bono fieis.
Pedro Bouso no va a ir al cielo. No se que en que lista se presenta, pero sabemos en la que no.