As verbas avantaban a máis velocidade da permitida e circulaban en paralelo polas ateigadas autoestradas de ata cinco vían polas que o arume adoitaba infiltrar a súa música de fondo. A nocturnalia completouse cando orillou o escatolóxico científico que onte tivo que ir un pouco máis a modo por mor da latitude. A treboada sigrid co seu vento do norte arrincaba follas e gargalladas que facían perigoso calquera intento de adiantamento. Aínda menos mal que a fortune nos trouxo á estilosa penélope glamour. Co seu écharpe ao vento fixo moito máis levadeira a carreira na que unha luna ¿despistada luna? non facia máis que deixar obxectos perdidos en cada curva. Algúns faltaron pero agardamos novas incorporacións. O que si quedou moi, moi claro, despois de escoitar á nosa enviada especial neoiorquina e que iremos a N.Y.C. e pernoctaremos no piso de Alex.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
Non había outra foto na que eu tivera aínda máis cara de parva??? Cousas que quedaron no tinteiro: a vida sexual dos anxos escritores, a importancia do Facebook nas nosas vidas ou como argallar ben co bluetooth (Por certo á loiriña coa boina calada imóslle facer un recebemento curuñés comme il faut) Quérote dona Ana, coma sempre, esta blogueira de xoguete ós seus pés. E ó resto dos comensais, honradísima de ter compartido esta xornada con mentes tan preclaras. No meu caso non recibiu mal Polonia a esta turca ....
Pero qué pinta de borracha teño na foto!!!!
Abofé.
Sen dúbida a que estaba más desperta nese momento era a cadela.
Menudos caretos!!!
Foi unha boa trola
Por certo, Sigrid esquenceu mencionar a bonita histria de amor que nos contaches.
"O primeiro que vin ao chegar a Santiago foi..."
Por deus santo, premede a foto para ampliar e desta vez convido a unha ronda completa ao que descubra onde se agocha o tesouro...seica iamos moi motivados logo da troula...non podo...non podo...coa risa, e desta vez o que menos importa son os ollos, os beizos e a ollada de vicio e calo que aínda me ides culpar de escurrir o bulto...rubéeeeeeeeeeeen!!!!
Cara de bébedos? non por deus, Sue Ellen. Cara de ledicia infinita!!!!!! Haberá que facer unha nova blogoquedada para falar de todos os (prometedores) temas que quedaron sen desnrolar :)
¡¡¡Cadea para a fotógrafa!!!!
Bicos penetrantes.
Ola Ana!
Canto tempo sen te mirar... Espero que non pases outros trinta e cinco anos, como da outra vez.
Vas ir ao homenaxe a don Marcos?
Espero que nos vexamos.
E constato con estupor que o doutor dos Piñeiros participa en outros contubernios! (y cómo se arrima el tío)
jajajajajajajajajajaja
Para que rías, Ana, un vencello a youtube, unha actuación musical máis ou menos da época en que ti e máis eu eramos a familia de Nazaré...
XA SEI, PARECE IMPOSIBLE. É REAL
O comentario que non me atrevo a poñer no teu post:
Nesa foto, a destacar, os ollos vidrosos e inxectados en alcol do can e
máis o paquete inconmensurable (carga á esquerda, menos mal) do señor de
gafas fashion e postura protomodelística; debera ser a comidilla do
blogomillo.
Sigrid: Pregunto, sen maldade, atendendo á súa descrición: ¿vostede é a
da boina? ¿A miúda de bufanda gris? ¿A do abrigo marrón? ¿A fotógrafa?
Moi bonita a foto: e vaia sexsymbol o individuo do cráneo rasurado. Cómo
me pon...
Miguel Carballeda (con enlace á páxina www.once.es)
Julio,
Pero Julio...¿existiu eso de verdade? xúrocho, eu non me enteraba de nada, case non lembro ver a TV naqueles anos, a min o que me ten abraiada e verte agora, estás feito o thriller da psicodelia
:)
O da cea aínda teño que solucionar problemas coa axenda da moza e regular o nivel de estrés, xa falamos.
Contubernios todos,
Certo, quedaron moitos paradigmas por refundar e desenrolar todos eses temas a fondo coa mesma gana de troula.
jajajajajaja
Levamos trinta e cinco anos sen nos vermos. Ou sexa, que mudamos celularmente, completamente, cinco veces. Por iso que non te estrañe a mudanza: De San Xosé á psicodelia.
Preguntoume hoxe a miña muller, Chus, lembras? se viñas á homenaxe a don Marcos.
Anímate, Ana: Propóñote irmos ao parvulario do Couto, tirarmos unhas fotografías, enfiar cara aos viños, apañar unha media bimba, rematar a dita bimba na cea y aquí paz y después gloria.
Beixos.
{cumprimenta da miña parte a Aser}
Buaaaaaaaaaaaaaaa Julio, a ese plan non podo dicir que non, vou ver se merco unha botelliña de jotabé e fago algunha falcatruada esta noito para turrar da manta. E xa postos (porque de eso vai a cousa ¿non si?) podíamos rematar aquel belén, eso si, sen violencia de ningún xénero que vas para a cadea.
¿como non vou lembrar a Chus? Dalle unha apertíiiiisima da miña parte.
Ah!!! J.Keiht de la Medela de Todos los Santos, a dedicatoria da psicodelia foiche cousa do exmelenas, e aínda menos mal que se cortou un pouco, nin che conto o llutube que che tiña preparado, mándareicho polo privé.
Quérote, Ana!!!!!!!!!
Propoño absenta antes de whisky José Benito.
E dille ao ex-jedellas, porfa, que pendure aquí ese youtube.
Non esquezas a fotografía no parvulario!!!!
Amiga Ana: sinto dicirche que, a estas alturas, xa hai cheo total para a cea homenaxe. Están xa 290 persoas apretadísimas nun lugar que dá para 260-270 xustas, non hai sitio para ninguén máis. De feito, ese plus de vinte-trinta débese a que se habilitou outro lugar aparte que está xa cuberto a día de hoxe, pero non hai espazo para máis xente. Xa se pechou a c/c. e xa non quedan tarxetas nos lugares onde se podían retirar. Moito me amolaría que viñeras a cousa feita e non puideses entrar. Se ves a outra cousa e, de paso, te achegas, miraríase a ver se por casualidade hai un oco, pero non hai nada seguro. Síntoo.
Grazas polo aviso Api. Dádelle unha aperta fortísima da miña parte a Marcos ao que se cadra teño a fortuna de velo por aquí na charla sobre o blogomillo. Agardo para o seguinte contubernio, que se pode ser en Auria mellor que mellor.
Julio, esa quedada para voltar ao parvulario queda pendente e tamén o da media bimba, eu tamén te quero, xa o sabes.
Publicar un comentario