lunes, noviembre 24, 2008

Eu tamén son A T E A. Demasiada roupa tendida.

Premer na foto para para crer mellor

Vía crucis foto: Vailima. Nuestra Señora la Antigua de Butrera (Burgos)

Semella que os atexs están a sacar a cabeza. Os medos apocalípticos dos cristiáns vellos seica están xustificados. É o comezo do fin. O mundo está perdido. Malia todo existen. Está ahí e en pouco volverán a queimar iglesias. E como o medo non é libre, o andazo métese por todas as regañas que a apócema dos sumos sacerdotes non deu selado para sempre. O medo. O medo a un deus disfrazado de pantocrator para aterrorizar aos pobres ignorantes. O medo á desaparición de deus que precederá a un tempo que nos fará cobizar as sete pragas. Parvadas, non fagades caso e como din os desta singular campaña disfrutade da vida porque probablemente non hai deus. Hai milleiros de razóns para saír do armario e recoñecernos no espello cando pechemos as portas unha vez fóra. A min, esta impresionante foto de Vailima chégame abondo....¡demasiada roupa tendida!

porque colgarse da melena estilo Sor Maravillas é unha doenza psiquiátrica que ten nome e tratamento...

porque impedir a curación dunha persoa é simplemente un asasinato...

porque prohibir a prevención de enfermidades coma o sida e simplemente un xenocidio

porque prometer anacos de ceo a cambio dunha vida de sumisión e prostitución

porque facer mandamentos para reservarse eternamente o dereito a tódolos pecados e....

porque me arrepía a vosa contabilidade (¡grazas Pedro!)

porque o vía crucis só me lembra unha monumental esmorga (¡grazas Aser!)

e como diría o home da navalla barbeira, se credes en deus ¿por que facedes seguros?

9 comentarios:

Anónimo dijo...

hai pouco escoitei de novo con sumo agrado o mestre PUNSET repetindo suavemente aquelo de que a libertade e a falta de medo. Incluso cando non lle tes medo a morte consigues ser un pouco máís libre e se non que llo digan o doutor CRISTOS cuxas alas amosaronnos unha digna e magna sorrisa e deixounos unha morte ben chea de vida.
A xente o que non ten é educación e respeto polo diferente e ademáis, pensar un mesmo está mal visto e crea problemas. e deso sabía LUTERO un chisco.
¡Vaia por deus ¡! vaia pola patria!e ¡vaia polo rey!
unha moi reverente e encencida tea voulle por a santa Liberata.
Legnaresa

Anónimo dijo...

Pero qué xenialidade de foto, Ana. Sempre atopas cousas maravillosas. Coincido co teu credo ¿non será unha contradicción? é o mesmo! eu tamén son atea. Bicos incendiarios.

Vailima dijo...

Atea en euskera significa "La puerta" (artículo incluído en la última "a"). Querida amiga, ciertamente somos ateas.
besos

Ana Bande dijo...

legnaresa,
Grazas polo seu saboroso comentario, vou ver se me documento un pouco.
Para liberarse dun matrimonio imposto pide que sobre o seu belo rostro lle saia unha espesa barba. Irmá doutras oito doncelas nadas nun só día, foi martirizapa polo propio pai que, amolado, a crucifica en lembranza de Cristo. Outros din que foron os pagáns os que a martirizaron a ela e as súa irmáns. Esta santa martirizada non tivo en España moitos seareiros, máis en Galiza, polo menos, serviu para deixarnos un par de fermosísimos exemplosexemplos

Anónimo dijo...

eu prefiro liberar a Willy que a tipa esta

Anónimo dijo...

Pois a min que me da que están confundidos e que a foto amosa todo o contrario do que vostedes din.
Visitei o blog de Vailima para ver a foto e o entorno -intelectual- e téñolles que votar unha bronca, ainda que Dona Ana Bande xa sabe que é indolora.
No rural, igual en Castela que en Galicia, as capelas, eirexas, etc, están completamente integradas na estructura parroquiana, e os usos que se lles da os claustros, soportais e os umbrais porticados de tódolos monumentos relixiosos, vanse derivando pola costumbre.
Esa foto, que a todos sorprende, puido ter realidade dende o século XII ata o XXI, en calquera aldea de Galicia.
Todos, digo todos/as os moumentos da Ribeira Sacra que hoxe visitan milleiros de persoas, fai escasamente medio século, eran vivendas privadas e cortellos de toda a aldea, nos que, xaora, se tendía tamén a roupa.
Cara o naciente, como ten que ser.
Xaime da Pena

Ana Bande dijo...

Lulita, de eso nada, aquí la única "espigadora" oficial eres tú. Verás, verás..

Amigo lugués,
A traditio é o que ten, a mesma verba o dí, unha traición en toda regla á xustiza...e con estes hábitos menudos monxes, eso si, sempre os mesmos larpeiros de sempre.

Vailima,
Anda muhé, deja un poco el estudio y vuelve a casa que te echamos de menos.

X dijo...

Encántanme a foto, estupendísima, e a entrada toda, e o ambientazo que hai nos comentarios. Saúdos.

Ana Bande dijo...

X,
¿ambientazo? si, claro, este é un tema que sempre quenta os miolos, vou pou un pouco de xeo e unhas cervexas...ja...ja...