Un pouco acochado no Calvario, coma todo bar que se precie, no 5 da Rúa Cruz Blanca, Isa e Cris, dous sorrisos con forma de muller, arranxaron un antigo bar para montar a súa HISTORIA. Deliberadamente exquisito sen refinamento algún, todo o anticul que poidas imaxinar. Había unha eternidade que non disfrutaba tanteo dende a pasada fin de semana, foi coma voltar a casa. Os Miñor Blues e o seu swin movían os pés do público máis variado por metro cadrado que vin nunca. Escolares, tineillers, adultos a medias e septuaxenarias que sorrían picaronas lembrando aquel tempo lonxano no que rían a cachón movendo as cadeiras ao son do Django Reinhart Refírome a aquelas casas nocturnas onde esmorgábamos ben a gusto na Auria Vella. Cris e Isa nos lembraron á Loló e a Leo, dúas sibilas da noite que facían do Bar o do Rataplán lugares máxicos que soaban a gloria, sabían a cuantrós e cheiraban doze, moi doce. Hai mil razóns para celebrar algo este venres...¡boa fin de semana!
jueves, noviembre 06, 2008
A HISTORIA DO CALVARIO

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Xa sei que o de anticul vai por min, pero esta ma paga.
A verificación de hoxe é "STRAGS", que tamén lle ronca, amiga.
Si, o da verificación é unha sorpresa cada vez que un comenta. E vostede, dona Ana, aparte de anticul está ultimamente un pouco vellouco con tantos tempos vellos que menta.
:-P
Son unha vellouca!
Eu, tamén coñezo ese bar. Levoume unha rapaza que traballa cerquiña e a verdade e que me gustou moito. As rapazas que o rexentan dixeron que a restauración foi todo obra de elas, está muy bonito. Os conciertos non puden ir, atopabame un chisco lonxe, pero douche a razón.
Ahhh pombiña...alégrome que acoubes neste poleiro, terás que voar ata aquí para disfrutar deste sitio. Un bico!
Ourense, 5 de novembro de 2008
Prezado/a amigo/a:
Unha comisión organizadora radicada en Ourense estamos a preparar unha serie de actos en HOMENAXE ao noso común amigo MARCOS VALCÁRCEL. A desculpa próxima é a publicación dun novo libro da súa autoría sobre a historia de Ourense –que se presentará o día 29 de novembro ás sete da tarde no Liceo– e outra a necesidade de buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde.
Non é este o lugar para glosar detidamente o gran contributo de Marcos Valcárcel á cultura galega. Chega tan só con lembrar algunhas das súas facetas: os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxe en día en Galicia Hoxe, La Región, A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina . E todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes.
En consecuencia, gustarianos contar coa túa presenza e colaboración no seguinte acto:
CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL .
Ourense, SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.
RETIRADA DE TARXETAS:
As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.
Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes. En calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.
INVITACIÓN ABERTA:
A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno.
Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.
César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo
Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín
Desculpas, non viramos a información á dereita do blog.
Publicar un comentario