viernes, noviembre 14, 2008

Linguas azuis....e viperinas.


Velequí o berce dese misterio da lingua azul. Fuchicando no meu arquivo fotográfico atopei a proba da derradeira mentira que nos queren colar. Efectivamente, a lingua pónse azul logo de ter chuchado dun caramelo desa cor. Todos tranquilos. Non hai máis perigo que o de espertar coa cara e o corpo tinguido desa cor no caso de andar facendo porcalladas.
¡unha lambetada de completamente venres! (1)
Unha por aquí, outro por alá e eu soíña un venres...bueeeeeeeeeeno, iremoa ao cine, leremos un chisco e a agardar ao domingo para ver como loce a miña rula no medio desa nova orquestra.
(1) brincadeira adicada a Luis García Montero. Non sei, pero dame o corpo que hai por aí unha conspiración contra a boa xente que inocentemente cae nesta arañeira tan malvada. Primeiro provócante ata que rebentas, logo lévante ao xulgado no que te condean pagas unha multa. Toda unha operación para acadar un refrendo social ao tempo que un xeito de financiamento para estes manipuladores dos foros públicos dos que todos coñecemos exemplos sobranceiros. Algún día lles falarei dun caso na Universidade de Vigo. Por certo, asinar manifestos ...¿vale para algo?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Não. Eu son máis ben partidario da afilación a Asociaçom nacional do rifle. Sección Charlton Heston, desde logo.

Xaime dijo...

E digo eu, a quen a mita a miña rula