O lixo leva xa unha semana connosco, mais semella non molestar. Mesmo se agradece esta performance momentánea no medio da deprimente monotonía das arquitecturas contemporáneas de concurso. Mais no fondo estou a pensar...¿quen se estará forrando con esto? Rexeito as imaxen tan recentes da Gomorra de Saviano, non quero pensar que os nosos limpadores de 600 euros/mes sexan a carnaza de mafia ningunha. Ou si. Porque, segundo me contaron, resulta moi productivo montar unha empresa de limpeza. Seica se forran. Os limpadores gañan 600 euros. Din. Non sei. Cicais 800. Agardo informarme ben estes días. Profesores, alumnos, administrativos, bibliotecarios, etc. seguimos coas nosas rutinas, esta semana pisando merda. Ninguén di nada. Onte vin unha señora da limpeza con moi mala cara. Xa van 400 euros. ¿que deixaron de cobrar?. P. hoxe bótalle a culpa á universidade a a súa maldita moda de externalizar os servizos. Que se f. Só piden unha subida de 30 euros. ¿quien está quedando coa pasta? Hoxe no campus (para desintoxicar) fixo un día precioso. Mirade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Home, eles teñen dereito a protestaren, pero hai un límite.
Eles entraron nos laboratorios da facultade de ciencias e estragaron experimentos que había gardados en neveiras, algúns deles eran teses, e a saber cantos anos podían ter investidos en investigación...
Iso, coido que é dabondo para que os boten, e eu diría máis, para que os denuncien.
Publicar un comentario