Decateime dende o comezo que a presenta absoluta da Winslet ía esixir un esforzo especial cara aspectos nada secundarios do relato mesmo e de matices a nivel de interpetación que farían obrigada unha segunda visión do filme. Da Winslet está todo dito, e aínda coido que son poucas as louvanzas que merece esa especial complicidade coa cámara que non cansa do seu corpo e a súa ollada. David Kross, o mociño Michael Berg, o lector, vaise escribindo a modo, e dende a páxina en branco da virxinidade inicial vanse sucedendo esceas de intensa paixón que deixarán pegada nun home bo, pero tamén covarde, no que albiscamos a posibilidade dese mal absoluto que xa tiña que estar redimido. Hanna representa o incomprensible, o propio xenocidio, e dende unha personalidade rica pero doada e ata diríamos estandar, podemos entender ata o máis horrible. Só con Primo Levi xa temos a chave para entender ese porque que se magnifica como símbolo dunha hipocresía universal tan revirada coma a propia solución final. Mais Michel Berg somos nós, os que temos que atopar o xeito de vivir coa banalidade do mal, que explicara Arendt, o sabérmonos incapaces de distinguilo do ben, e polo tanto de sentir culpa ou remordemento nengún. Bruno Ganz, Rohl, é un profesor universitario que carga co peso da derrota perante unha explicación tan científica coma infame. A xustiza, a lei, os supostos principios organizadores da polis en cuxo sacrificio se ofrecen agora os seus cidadáns. E hai moito máis e bo nesta adaptación do relato de Schlink...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Me encantó esta película pero me dejó con una desazón enorme. Nunca hay un bien y un mal absolutos, o en todo caso, no sabemos cómo actuaríamos en circunstancias límite. Un personaje extraño el de Hanna, conmovedor e inexplicable.
Bicos lectores.
Pois haberá que tentar vela...
Me encantó la película, sublime interpretación de Kate Winslet. Lo que más me impactó no fue la cobardía del joven Michael Berg, si no la de las otras "compañeras" juzgadas con Hannah, su crueldad, su frialdad, su falta de respeto hacia unas víctimas que no desean más que la VERDAD.
Pois a min o desacougo de ver a escultural e triste loira Hanna pasándolle a esponxa por todo o corpo ó rapaz lebroume o ritual dos atletas gregos, lembroume a beleza dos corpos efebos e das venus afroditas sí, pero a súa insitencia, a forza dos seus movementos é a naturalidade rutinaria dos mesmos faloume de algo máis que de limpeza corporal; faloume de limpeza moral, de necesidade de limpar "algo" que marcou e manchou a vida, algo fora de control que enguliu e transformou a pureza infantil nun ente sucio, distinto. Sr sabelo, sen buscalo. Teño amigas-os que sofren esa necesidade de limparse constantemente, frenéticamente, ata rematar ferindose na procura dunha limpeza que pensan perdida e que nunca conseguen. Purita carga de profundidade psiquiatríca.
Saúdos lady Fortune...si, é unha historia que tenta provocar eso mesmo, unha enorme desazón fronte ao mal.
RR, si, veña, deixa de traballar un pouco e sal do tabernáculo creativo que te vas desintegrar,
Anónimo(1), pois a min resultoume perfectamente comprensible a aptitude desas outras compañeiras, é a covardía en estado puro, personaxes planos cos que te topas a diario.
anónimo(2), preciosa reflexión, si, e concordo moito co da limpeza moral, é vostede un espíritu sensible sen dúbida.
Vin a película, non hai moito. Desacouga, claro, porque é doado recoñecerse nesas debilidades, nas covardías cotiáns, na falta de folgos pra sermos como teriamos de ser.(???)
Persoalmente escandalízame máis a capacidade que temos pra abstraernos da desgracia dos outros e acubillarnos na casiña para protestar "enérxicamente". "Siempre al alcance de la vidriera y el comedor", que diría Silvio Rodríguez.
Un pracer lerte.
Benvido setesoles...así é, sacto...se me convidas a un caféolé vou cara túa casa!
Publicar un comentario