miércoles, marzo 04, 2009

Un bo día

Hoxe foi outro bo día...un puxo música, outro letra e outros máis as verbas e agarimos que desexariamos repartir entre uns cantos...
Ben altos eses altofalantes!!! Grazas a G. pola música e a A. pola letra.
...nas medias horas dunha longa noite debuxou co seu corpo mil formas que non duraban nin un segundo...pola mañá ollando o lenzo recuperou a visión dunha obra que mesturaba formas e cores de modiglianis e moores. En días coma aquel todos se lle achegaban atraídos por unha irresistible forza que os baleiraba de prexuizos e M. sentía case vergonza pola súa felicidade...
PD. E outra alegría...¡¡¡hai actividade na interprais de Rubén Ruibal!!!

6 comentarios:

R.R. dijo...

Un bo día co espíritu que hai pola contorna... a quen se lle ocorre!

Que hai actividade? E... algo haberá que facer. Non é que lle teña eu moito cariño ós que andan apurados facendo as maletas. Pero se a xente prefire desgoberno a dous gobernos, se a xente vota pola libertade da pasta e os medios aplauden, teremos que aproveitar que nós tamén somos medios. Aínda que cando me poño tan estupendo síntome un pouco médium.

¿E vostede non está un pouco críptica ultimamente? Joder cos leídos, qué listos sodes. ;-)

R.R. dijo...

Aproveitar antes de que cobren nas internetes para que a nosa información vaia máis rápido, que seica é o plan que andan guarismando os pobriños eses ós que lle seguen baixando os beneficios coa crise...

Hala hala...

R.R. dijo...

Ah, e outra cousa que lle vai gustar:

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/03/05/0003_7569329.htm

Na palabra chave ponme "conism". :-O

Ana Bande dijo...

tres omentarios rubvenianos nuha mañá...¿que pode locirs máis excelencia na eestatística?..(logo que medespabile contesto como merece inteletua e ortogramasemanticamente faaaalando...jajajajaj...¿conims?...non o podo crera amin apalabra depaso e "nudismm2...deus...

R.R. dijo...

¡E o mestre tamén volveu!

As desgracias nunca volven soas.

www.dylangz.blogaliza.org

Palabra chave: ouvirt (a hostia!)

Ana Bande dijo...

Rubeniano venres de paixón...non estou en mellores condicións que onte para contestarche, a verdade sea dita, pero teño que facer toda a festa que este teu renacemento merece. Volves con forza...si señor...e levas moita máis razón que o filósofo...gustazo, coma sempre, unha catarse as túas reflexións...
Si, non de críptica levas tamén razón, só me queda un post nesta onda cursa e xa paso á un estado normal de conciencia, prometido.
A Modern Teit non sabe xa que expoñer...¡vou cas Dylan logo!